‘Explícoche Matemáticas 2.0’, un concurso de vídeos para promover o uso do galego

A Facultade de Matemáticas da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da universidade, convocan a sétima edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, un certame que ten por obxectivo principal promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas.

O concurso baséase na elaboración de vídeos, que poden durar entre 1:30 e 2:30 minutos, nos que os participantes aborden un tema relacionado coas matemáticas. Pode enfocarse desde un punto de vista formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación) ou ben cun carácter divulgador, reflectindo como se utilizan as matemáticas na vida cotiá, na cultura, na arte ou na sociedade. Para isto, poderán usar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

Publicidade

O concurso está aberto ao alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

As propostas deberán subirse a unha canle de Youtube. E posteriormente, deberán enviar o URL, os datos de contacto, informe e autorizacións azmatdeca@usc.es e ao enderezo físico do Decanato da Facultade de Matemáticas, que se pode consultar nesta ligazón. O prazo de recepción de propostas finaliza o 6 de abril.

Publicidade

Haberá catro premios: un para o alumnado de ESO e Bacharelato (categoría A), dous para a categoría B (un para graos e outro para mestrado e doutoramento), dotados cada un deles con 200 euros; e por outra banda, outro recoñecemento para o vídeo mellor valorado polos internautas, que levará 100 euros de premio.

As bases ao completo poden consultarse nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Documentadas novas anomalías de coloración en peixes mariños de Galicia e Andalucía

A investigación describe tres exemplares con alteracións pigmentarias e outros tres casos posibles observados na ría de Vigo