Estudantes de Palas de Rei gañan o concurso Explícoche Matemáticas 2.0

‘O xadrez, as progresións e a rapaciña de Friol’ gaña o concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’

O vídeo titulado O xadrez, as progresións e a rapaciña de Friol gañou a terceira convocatoria do concurso da Facultade de Matemáticas ‘ Explícoche Matemáticas 2.0’ na categoría de ESO e Bacharelato. O premio da categoría de estudantes universitarios ficou deserto. Andrea Ayaso Agrafojo, Xeila Vázquez Sánchez e Juan Arias Arias, de 4º de ESO do IES do Camiño (Palas de Rei) realizaron o vídeo gañador coa titoría do profesor Manuel Vilariño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo sistema de inspección intelixente creado en Galicia mellora a seguridade ferroviaria

O proxecto Airis da UVigo e Copasa emprega visión artificial, sensores ópticos, 5G e IA para automatizar a detección de defectos nas vías de alta velocidade

A OMS notifica a primeira morte por gripe aviaria tras a exposición a gando leiteiro infectado

Tres traballadores de explotacións bovinas de Washington foron contaxiados, dous deles con síntomas leves, tras o contacto cos animais portadores

⁠⁠GCiencia celebra a décima edición dos Premios Galicia Spin-Off cun foro sobre ciencia e emprendemento

O Foro Impulso Ciencia reunirá o 4 de decembro no Pazo de San Roque representantes das tres universidades galegas, empresas e expertos para abordar os retos da transferencia de coñecemento

Como coser os ríos rotos de Europa: as barreiras que impiden recuperar a súa conectividade

Un novo plan estatal prevé reconectar só 65 quilómetros de ríos, fronte aos case 2.850 que lle corresponderían segundo o obxectivo europeo