A revista Science seleccionou os 10 de avances máis relevantes de 2024 nos distintos campos da ciencia. Nesta ocasión, o fito do ano é o fármaco lenacapavir contra o VIH, un medicamento inxectable que protexe as persoas durante 6 meses con cada inxección.
Lenacapavir contra o VIH
O VIH segue infectando a máis dun millón de persoas ao ano, e o desenvolvemento dunha posible vacina segue lonxe de acadarse. Con todo, os científicos puxeron sobre a mesa outra opción: un medicamento inxecctable.
Un gran ensaio de eficacia en adolescentes e mulleres novas africanas informou en xuño que estas vacinas reduciron as infeccións polo VIH a cero, cunha asombrosa eficacia do 100%. Outro ensaio similar, realizado en catro continentes, deu cunha eficacia do 99,9% en persoas de xénero diverso que teñen sexo con homes.

A diferenza dos medicamentos principais contra o VIH que alteran os encimas virais ao unirse aos “sitios activos” que lles permiten funcionar, o lenacapavir interactúa coas proteínas da cápside que forman un cono protector ao redor do ARN viral.
Xa en 1996, os investigadores demostraron que poderosos cócteles de medicamentos poderían suprimir completamente o VIH e evitar o desenvolvemento da enfermidade, o gran avance de Science ese ano.
Células inmunitarias en enfermidades autoinmunes
A terapia CAR-T debutou como tratamento para o cancro en sangue hai case 15 anos (e formou parte do Avance do Ano de Science en 2013). É unha forma completamente diferente de abordar a enfermidade: os médicos illan as células T, os sentinelas do sistema inmunolóxico, dos glóbulos brancos dun paciente.
A continuación, modifican xeneticamente esas células, normalmente para buscar e destruír as células B, outro compoñente do sistema inmunitario, e devólvenllelas ao paciente. As células B cancerosas están na raíz de certas leucemias e linfomas, e a terapia CAR-T pode extirpalas.
Este ano, un novo enfoque, a terapia de células T con receptor de antíxeno quimérico (CAR-T), produciu melloras sorprendentes en pacientes gravemente enfermos, abrindo o que pode ser un novo capítulo no tratamento de enfermidades autoinmunes.
O JWST explora o amencer cósmico
Desde que o observatorio James Webb Space Telescope (JWST) da NASA abriu o seu xigantesco ollo en febreiro de 2022, o telescopio espacial detectou máis galaxias brillantes nas primeiras épocas do universo do que os teóricos crían posible. Este ano, estudos detallados da luz antiga das galaxias comezaron a explicar que podería estar a suceder.
O JWST, o telescopio espacial máis grande e potente xamais construído e o Avance do Ano 2022 de Science, foi deseñado especificamente para estudar os primeiros mil millóns de anos do universo, capturando máis luz vermella tenue que os instrumentos anteriores.
Praguicidas a base de ARN

Este ano, a Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos (EPA, polas súas siglas en inglés) aprobou o que podería ser unha solución a que os insecticidas maten a especies inocentes xunto con pragas: un aerosol de pesticida a base de ARN adaptado a un xene no seu obxectivo previsto.
Inventado pola compañía GreenLight Biosciences, Calantha interfire cun xene exclusivo do escaravello. Cando as larvas mastican follas que foron pulverizadas, o ARN bloquea a expresión dunha proteína clave e morren en cuestión de días. Este mecanismo, coñecido como ARN de interferencia (ARNi), é un proceso natural que a maioría das células utilizan para regular a expresión xénica e defenderse dos virus.
Descubrimento de orgánulos

Algunhas bacterias logran a fazaña, pero ata este ano non se sabía que ningún eucariota (un organismo cunha célula complexa, como plantas e animais) “fixase” o nitróxeno da atmosfera, converténdoo en amoníaco, que as plantas poden usar para producir proteínas e outras moléculas esenciais.
Iso cambiou co descubrimento dos “nitroplastos”, compartimentos únicos para fixar nitróxeno nas células das algas mariñas. Ademais de demostrar o moito que aínda non sabemos sobre a evolución da complexidade celular, este achado e o traballo relacionado apuntan á posibilidade de futuros cultivos dotados de nitroplastos que lles permitirían fecundarse a si mesmos.
Novo tipo de magnetismo
Durante 98 anos, os físicos coñeceron dous tipos de materiais permanentemente magnéticos. Agora, atoparon un terceiro. En ferromagnetos coñecidos como o ferro, os electróns desapareados dos átomos veciños viran na mesma dirección, magnetizando o material para que, por exemplo, se pegue a un refrixerador.
Os antiferromagnetos como o cromo teñen cero magnetismo xeral, pero posúen un patrón magnético a escala atómica, con electróns veciños virando en direccións opostas.
Os novos alterimáns, hipotetizados hai 5 anos, comparten aspectos de ambos. Os electróns veciños viran de maneira oposta, o que garante un magnetismo neto cero, pero nun nivel máis profundo, os materiais tamén se asemellan aos ferromagnetos. Este ano, varios grupos demostraron esa dobre personalidade.
Multicelularidade nos antigos eucariotas

Fósiles microscópicos de algas de China notificados a principios deste ano asombraron aos biólogos evolutivos pola súa extrema idade. Datados en 1.600 millóns de anos, os espécimes suxiren que un dos selos distintivos da vida complexa, a multicelularidade, xurdiu moito antes do que se pensaba.
Este novo descubrimento suxire, en cambio, que os eucariotas multicelulares simples xurdiron 1.000 millóns de anos antes da aparición de plans corporais máis complexos, que incluían células que carecen de acceso directo á contorna exterior.
Ondas do manto esculpen os continentes

Cando as forzas da tectónica de placas esnaquizan os continentes, é un proceso incriblemente violento, que se desenvolve a cámara lenta. Tamén se pensaba que era moi local, pero un traballo deste ano cambiou esta visión, mostrando que esta violencia localizada xera ondas expansivas no manto que dan forma a toda a face dos continentes.
Nun artigo publicado en agosto en Nature, os investigadores expuxeron o que equivale a un apéndice convincente á teoría da tectónica de placas.
Nova era de foguetes espaciais
SpaceX, a compañía de foguetes fundada e dirixida por Elon Musk, xa reduciu o prezo de poñer a carga en órbita en aproximadamente un factor de 10 cos seus foguetes Falcon 9 e Falcon Heavy, parcialmente reutilizables. Espérase que unha Starship totalmente reutilizable reduza ese prezo noutra orde de magnitude. Nese momento, a visión de Musk de poñer persoas en Marte non parece tan desatinada.
Os científicos tamén se beneficiarán. “O acceso ao espazo é demasiado valioso como para arriscarse a fracasar, polo que as misións da NASA tenden a ser custosas e laboriosas, probadas á enésima potencia. Pero cos voos rutineiros de Starship, os científicos poderán arriscarse máis, construíndo instrumentos con pezas baratas e listas para usar e lanzándoas a miúdo”.
Revelacións do ADN antigo

O ADN recuperado de ósos e dentes antigos proporcionou información sobre os movementos da poboación de hai moito tempo, da evolución de enfermidades e da dieta prehistórica. Agora, tamén está revelando segredos familiares.
Este ano, unha gran cantidade de estudos construíro o equivalente ás xenealoxías antigas, reconstruíndo árbores xenealóxicas de persoas que morreron hai miles de anos.














