O banco de Loiba, o complexo arqueolóxico romano de Aquis Querquennis e o santuario de Santa Minia están entre os enclaves máis singulares do mundo. Pero non son os únicos de Galicia: hai outros 23 espazos que salientan por ser unha rareza arquitéctonica, polo seu valor histórico ou, simplemente, por ser unha marabilla da natureza. Así o define a páxina Atlas Obscura, que xestiona un mapa interactivo con máis de 25.800 lugares singulares arredor do mundo. Entre eles, 26 enclaves galegos cóanse nunha longa nómina de espazos insólitos rexistrados ao longo de todo o planeta.
Consultalos todos é ben sinxelo. Tan só hai que ingresar na páxina web de Atlas Obscura e mover o cursor polo seu mapa interactivo. Como se pode comprobar, está cheo de marcadores e cada un deles corresponde a un lugar singular. Os encargados de fixar estes espazos son os colaboradores deste mapa, é dicir, toda unha comunidade de viaxeiros e exploradores que engade estas “increíbles marabillas” conforme vai descubrindo mundo. De feito, os membros de Atlas Obscura animan a seguir agregando lugares, que se pode facer doadamente rexistrándose na páxina.
Publicidade
No que respecta a Galicia, os turistas e viaxeiros que pasearon polo noso territorio consideraron que hai, polo menos, 26 espazos que merecen unha atención especial. Algúns son sobradamente coñecidos, como a Torre de Hércules, o castro de Baroña e a muralla de Lugo. Outros poñen o foco nas marabillas naturais, como as Fragas do Eume, a illa de San Simón e a praia das Catedrais. E tamén os hai que enxalzan rarezas arquitectónicas como a igrexa de San Caralampio no Grove, a Trufa de Dumbría e o mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos (Ourense).
A continuación, podes consultar toda a lista de espazos singulares recollidos no Atlas Obscura. Está clasificada por provincias e cada pé de foto correspóndese coa descrición que se pode consultar na páxina:
Publicidade
A Coruña
O banco de Loiba, no mirador do Coitelo. Este banco está considerado como o máis bonito do mundo.
Fragas do Eume. Foto: turismo.gal
Torre de Hércules. O faro romano máis antigo que aínda segue en uso.
Botafumeiro. Este enorme incensario utiliza un sistema de poleas instalado hai máis de 400 anos. Foto: Juantiagues / Wikicommons.
Castro de Baroña, Porto do Son. Ruínas dun asentamento que data do século I a.C.
Batería de Cabo Prior. Foto: Iago Casabiell González
Menhires pola paz. Esculturas xigantes de granito que representan unha familia. Foto: Diego Celso
Elevador do monte de San Pedro. Este ascensor panorámico ofrece un paseo futurista pola montaña de San Pedro. Foto: Diego Celso / Atlas Obscura
Parque do Pasatempo, Betanzos. Restos dun xardín de esculturas enciclopédico utilizado posteriormente como campo de internamento.
Santuario de Santa Minia, Brión. Foto: Atlas Obscura
Banco dos desexos, Santiago. Grazas a unha anomalía acústica, este sinxelo banco de pedra escoitou 100 anos de segredos. Foto: Turismo Santiago
Sombra do peregrino, Santiago. Un xogo de luz accidental proxecta a sombra perfecta dun peregrino do Camiño de Santiago contra o muro da catedral. Foto: Atlas Obscura / Xavixavir
Museo do Alemán, Camelle. Foto: Atlas Obscura
A Trufa, Dumbría. Esta casa experimental creouse con formigón. Foto: Atlas Obscura
Lugo
Muralla romana de Lugo. Fortificacións de pedra romanas notablemente intactas rodearon a cidade de Lugo durante séculos.
Portomarín Vello. Esta parada do Camiño de Santiago álzase sobre as ruínas submariñas dunha vila medieval. Foto: Wikimedia Commons
Praia das Catedrais. Os arcos de pedra natural forman unha “catedral” transitable durante a marea baixa e despois desaparecen por completo cando regresa a auga. Foto: Wikimedia Commons
Ourense
Casa da Inquisición, Ribadavia. O edificio agóchase a plena vista no histórico barrio xudeu. Foto: Atlas Obscura / Kianseara
Ciudad de los Muchachos, Bemposta. Ruínas da segunda escola circense máis grande do mundo. Foto: Atlas Obscura / Alcaparra26
Mosteiro de San Pedro de Rocas, Esgos. Un mosteiro abandonado do século VI presenta un mapa medieval do mundo coñecido. Foto: Wikimedia Commons
Casa das Pedriñas, A Veiga. Esta casa cuberta de pequenas pedras foi obra dun só home durante case 30 anos. Foto: Atlas Obscura / Alcaparra26
Aquis Querquennis. As ruínas dun campamento militar romano atópanse nunha sección inundada dun río.
Pontevedra
Muíños do Folón e do Picón, O Rosal. “Satisfactorio” é unha boa maneira de describir estas filas de muíños belamente aliñadas. Foto: Atlas Obscura / Pvfizor
A batería militar J4 de Cabo Silleiro, Baiona. Foto: Atlas Obscura
Illa de San Simón. Esta pequena e exuberante illa ten unha longa e sanguenta historia. Foto: Wikimedia Commons
Capela de San Caralampio, O Grove. Igrexa do século XII cuberta completamente de cunchas. Foto: Turismo.gal
A física galega, premiada co Wonenburger 2026, consolidou a súa traxectoria en Francia e regresou en 2024 a Galicia para crear escola no eido da radiobioloxía
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.