Enric Trillas imparte no CiTIUS da USC un seminario sobre lóxica borrosa, da que foi pioneiro en España

O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Madrid, Enric Trillas, imparte esta semana no CiTIUS da USC o seminario ‘Cinco leccións de lóxica borrosa’, no que presenta as súas principais achegas ao campo da lóxica difusa.

Ao longo das cinco sesións nas que se desenvolverá o seminario, Trillas profundará na relación entre a lóxica difusa e as ciencias da computación, así como na súa aplicación a temáticas como o razoamento, a linguaxe ou a aritmética, entre outras.

Publicidade

O profesor Trillas, doutor honoris causa polas universidades de Santiago de Compostela e Navarra, foi pioneiro en España na lóxica difusa ou borrosa e un dos primeiros investigadores que se dedicaron a este ámbito da ciencia no contexto europeo, que centra o seu campo de traballo en tentar conseguir que as máquinas poidan imitar as formas de razoamento humanas.

Foi ademais presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), director xeral e vicepresidente do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), secretario xeral do Plan Nacional de Investigación Científica e Tecnolóxica, secretario da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía e presidente da compañía Ingeniería y Servicios Aeroespaciales (INSA).

Publicidade

Na traxectoria de Trillas constan máis de 200 publicacións e artigos científico-técnicos e foi galardoado cos premios máis importantes que se conceden no ámbito da lóxica difusa, ademais de ser posuidor da Orde ao Mérito da República Italiana, categoría de Grande Uffiziale, a Gran Cruz do Mérito Aeronáutico ou a Medalla Narcís Monturiol ao mérito científico e tecnolóxico.

Coloquios filosóficos
Aproveitando a súa estadía na cidade, o profesor Trillas participará o martes 28 nunha sesión dos Coloquios Filosóficos en Compostela que co tema ‘Conversas sobre a creatividade’ vai ter lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos de Filosofía. Con el estarán tamén o neurocioentífico Carlos Acuña e o lingüista Guillermo Rojo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento