O galego Edgar Lemos, premiado polo CERN como investigador novo

O científico do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías foi recoñecido polo seu salientable traballo nos primeiros anos de carreira

Edgar Lemos Cid, investigador posdoutoral do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), acaba de ser premiado pola colaboración LHCb do CERN (na que participa a institución baseada en Santiago de Compostela) co “Early Career Scientist Award”, un recoñecemento outorgado “polas súas destacadas contribucións na actualización do detector VELO” nos primeiros anos da súa traxectoria científica no marco do gran proxecto científico con base na fronteira entre Francia e Suíza, onde se atopa o gran acelerador de partículas.

Edgar Lemos, graduado en Enxeñaría de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, uniuse ao LHCb en 2012 durante a realización do seu Traballo de Fin de Máster. Ao terminar a súa tese doutoral, volveu ao experimento en 2016 para traballar no chip VeloPix Asic do detector de vértices VELO (Vertex Locator). Co apoio dunha axuda posdoutoral da Xunta de Galicia, Edgar atópase na actualidade desprazado no CERN e forma parte do equipo que está a desenvolver o novo detector VELOPix, cuxo funcionamento está previsto para 2021 cando o LHC retome a súa actividade no denominado Run 3.

Publicidade

A entrega do premio que recibiu Edgar Lemos tivo lugar o pasado 11 de xuño nunha cerimonia virtual, na que o comité tamén entregou dous premios ás teses doutorais máis sobresalientes da colaboración, e traballos adicionais que fixeron unha contribución excepcional ao LHCb. En total, entregáronse oito premios de “Early Career Scientist”.

“O número de brillantes gañadores do premio Early Career Scientist e o extraordinario nivel das teses de doutoramento avaliadas amosan o crucial que é a contribución dos investigadores mozos ás actividades do experimento”, destacaron na cerimonia, Francesca Dordei e Stephanie Hansmann-Menzemer, representantes do xurado.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, clave no novo proxecto europeo para explorar unha das forzas fundamentais da natureza

O IGFAE e o CESGA participarán na iniciativa internacional HADRON-2030 poñendo a disposición o seu Quantum Computing Lab

A cuántica entra nunha obra de arte: o pintor galego que conecta coa incerteza física no IGFAE

O santiagués Andrés Rodís expón 25 pezas inspiradas na superposición, a observación e a relación entre o visible e o invisible no Museo Gaiás

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant