Dúas universidades de Australia, ligadas ao sector naval, visitan o campus de Ferrol

A relación comercial actual de Navantia Ferrol co goberno australiano propiciou a visita o pasado venres dunha comitiva de empresas australianas á cidade departamental, entre as que se atopaban entidades ligadas ao mundo docente. Unha oportunidade para que a Universidade da Coruña puidese estreitar relacións con entidades académicas unidas ao sector naval a través dunha visita guiada polas instalacións do Campus Industrial de Ferrol.

Representantes de Flinders University e Tafesa ambas as dúas ligadas ao mundo docente e máis concretamente ao sector naval, coñeceron as instalacións do Campus Industrial de Ferrol nunha visita guiada polo vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, xunto con outros membros da Universidade da Coruña como Ginés Nicolas, director do Campus Industrial, e o catedrático Daniel Pena. Na visita estaba tamén por parte de Navantia, Carlos Merino, director da Unidade Mixta de Investigación (UMI) UDC-Navantia, entre outros.

Publicidade

O encontro serviu para compartir experiencias entre universidades, tendo como referencia as relacións entre a entidade académica e as empresas. O vicerreitor fixo unha presentación xeral do Campus Industrial de Ferrol para, a continuación, trasladarse ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas, CIT, onde rematou a visita nas instalacións da UMI UDC-Navantia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Metano, metanol e amoníaco: a mellor receita para un transporte marítimo máis limpo

O investigador José Miguel Mahía da UDC publica un estudo que busca alternativas sostibles aos modelos baseados en combustibles fósiles

Esta é a cidade coa maior taxa de mortalidade de toda España (e si, é galega)

Ferrol lidera o ranking de falecidos por habitantes e ten a esperanza de vida máis baixa das urbes de Galicia, con só 81,78 anos

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático