Dous doutorandos en Química unidos polo fútbol

Esta é a historia de Alejandro e Jacobo, compañeiros de equipo no Racing San Lorenzo e tamén no laboratorio do CiQUS onde desenvolven a súa tese

Unha reportaxe de Íñigo Rolán Taboada / Estudante de Xornalismo da USC

Alejandro Lamas Pérez e Jacobo Gómez González son dous estudantes de doutorado no CiQUS (Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) de Santiago, e ademais, son compañeiros de vestiario nun equipo de Terceira Rexional. A tese do primeiro consiste na síntese de péptidos cíclicos e actualmente está empregando aminoácidos non naturais para modificar as propiedades internas, mentres que segundo está traballando na obtención de proteínas artificiais para o recoñecemento de estruturas concretas de ADN. Nesta reportaxe, os doutorandos explícannos con máis detalle en que consiste o seu traballo e que experimentos realizan para conseguir os resultados que buscan.

Publicidade

Tamén contamos coa participación dos profesores Juan Granja Guillán e Miguel Vázquez López, directores da tese de Alejandro e Jacobo respectivamente, que opinan sobre como traballan os alumnos que teñen baixo a súa coordinación.

Para coñecer como son estes doutorandos xogando ao fútbol, falamos con Miguel Ruiz de Cortázar, “Maiki”, adestrador do Racing San Lorenzo, equipo de Terceira Rexional onde xogan os dous.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Par ou impar: unha soa molécula dunha cadea cuántica determina a interacción cun supercondutor

A investigación publicouse na prestixiosa revista 'Nature' e xorde dunha colaboración entre o CiQUS da USC e CIC nanoGUNE

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

Como revivir a lingua

Estas son as estratexias das marcas para recuperar o galego, dende o derbi galego ata Inditex. Por Andrea Veiga

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas