Dobre conferencia sobre as Matemáticas e a Arte na USC

A Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC acollerá este xoves 18 e venres 19 unha conferencia por partida dobre a cargo de Luis Rández, catedrático da Universidad de Zaragoza e director do Instituto Univesitario de Matemáticas y Aplicaciones desta institución. A conferencia levará por título “Matemáticas y Arte“, e nela, Rández contará como se utilizaron ao longo da historia as matemáticas, tanto na construción como na decoración de monumentos desde a arte románica e gótica. 

As sesións, que comezarán ás 11.30 horas, tamén incluirán unha breve descrición dos conceptos matemáticos básicos precisos e ilustrarase con fotografías e planos o seu uso en diversas obras de referencia de arquitectura e enxeñaría.

Publicidade

Na segunda parte da conferencia, presentarase a curtametraxe de animación Ars Qubica, que amosa a presenza da xeometría e as matemáticos na arte. Así, explícase como usando a figura dun cubo como fío condutor, vese que ao ser cortado por un plano, pode dar lugar a un cadrado, un triángulo equilátero, un pentágono non regular ou un hexágono.

A conferencia de Luis Rández enmárcase no ciclo de conferencias divulgativas do International
Congress on Industrial and Applied Mathematics (Iciam). No acto colaboran a  Sociedade Española de Matemática Aplicada (Sema) e a Asociación galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

Publicidade

A actividade está dirixida a estudantes e ensino medio, e para o público en xeral interesado polo binomio entre matemáticas e arte.  Na sesión do xoves, Rández será presentado pola decana da Facultade de Matemáticas, M.
Elena Vázquez Cendón, e o venres 19, polo presidente de Agapema, Julio Rodríguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da USC evidencia a xenética “singular e diferenciada” do can de palleiro respecto doutras razas

A análise do ADN revela unha elevada diversidade, moderada consanguinidade e marcadores que permiten reforzar a súa conservación

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva