Conferencia internacional en Santiago sobre materiais iónicos

A International Conference on Ionic-liquid based Materials (ILMAT) exporá na Facultade de Física da USC os últimos avances no estudo dos materiais iónicos tanto a nivel fundamental como orientado a unha gran cantidade de aplicacións en campos tan relevantes como o electroquímico, síntese, catálise, almacenamento de enerxía, aplicacións biomoleculares ou fotónica, entre outros. Cun enfoque multidisciplinar, a conferencia pretende pechar a lagoa entre investigación fundamental, teórica e experimental en líquidos iónicos e as súas aplicacións industriais, reunindo expertos recoñecidos mundialmente procedentes tanto do campo académico como da industria.

Entre este martes e o venres 27, Física reúne arredor dun cento de especialistas na cuarta edición de ILMAT no que, como novidade terá lugar a primeira entrega do premio Ruth M. Lynden para recoñecer a traxectoria de investigadores que fixeron achegas de gran relevancia no ámbito dos sistemas iónicos. Ruth M. Lynden, quen imparte a lección inaugural do congreso, é profesora emérita da Universidade Cambridge, doutora honoris causa pola Universidade de Belfast e fellow da Roya Society. Igualmente, está considerada unha pioneira nas simulacións por computadora de líquidos e defensora destacada do papel da muller na ciencia. Na súa primeira edición, o premiado é Alexei Kornyshev, profesor do Imperial College de Londres e un dos principais teóricos do campo na actualidade.

Publicidade

Organizan o congreso os profesores Luis Miguel Varela Cabo e Elena López Lago e o investigador Hadrián Montes, xunto cos profesores da Universidade da Coruña Óscar Cabeza Gras e Luisa Segade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX