Gústache escribir ficción científica en galego? Bota un ollo a Inspiraciencia

O CSIC premia relatos curtos, de ata 800 palabras, en dúas categorías: adultos (a partir de 18 anos) e mozos (de 12 a 17 anos)

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) pon en marcha a novena edición do seu concurso de relatos de ficción científica Inspiraciencia, que fomenta a creatividade literaria vinculada á ciencia. Poderanse presentar ao certame textos de ata 800 palabras que estean escritos nalgunha das catro linguas cooficiais do Estado (galego, castelán, éuscaro ou catalán).

A iniciativa, na que tamén colaboran as diferentes delegacións do CSIC, a Fecyt e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, conta en Galicia co apoio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Editorial Galaxia. O seu obxectivo é fomentar a creación literaria de ficción como forma libre e persoal de achegamento ao pensamento científico e de explorar realidades antes non imaxinadas.

Publicidade

Haberá dúas categorías:para mozas e mozos (de 12 a 17 anos) ou persoas adultas (a partir de 18 anos). O prazo de presentación de relatos finaliza o 19 de xuño.

Toda a información sobre Inspiraciencia pode consultarse na súa páxina web, nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil