‘Ciencia para xoves investigadores’ leva 450 estudantes de secundaria ao campus de Lugo

A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC bota a andar este xoves 12 de xaneiro unha nova edición do ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’, un programa de estímulo de novas vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado polo persoal do centro universitario lugués, a través do que uns 450 estudantes de ensino secundario procedentes de 12 centros educativos da provincia de Lugo coñecerán a oferta formativa da Facultade de Ciencias e poderán desenvolver sesións prácticas nos laboratorios do centro universitario lugués.

O programa de visitas de escolares deseñado ao abeiro do ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores‘ desenvolverase de xeito continuado do 12 ao 25 de xaneiro, en quenda de mañá, de 10.00 a 13.30 horas. A elevada demanda de centros educativos en participar neste programa de estímulo de vocacións científicas, no que por vez primeira participan estudantes procedentes de centros educativos de fóra da capital luguesa, propiciou que a Facultade de Ciencias abrira unha nova quenda de visitas de escolares do 22 ao 25 de maio.

Publicidade

Doce centros educativos participan no programa en xaneiro e maio

As distintas sesións programadas ao abeiro deste ciclo presentan unha estrutura semellante. Así, logo dun breve acto de benvida guiado polo decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos, distintos profesores e persoal do centro universitario lugués conducirán sesións prácticas nos laboratorios do centro, onde os estudantes preuniversitarios poderán realizar os seus propios experimentos.

Un grupo de alumnos de 4º curso de ESO do CPI Dr. López Suárez do Saviñao e do CPI Ramón Piñeiro de Láncara abren este xoves, a partir das 10.00 horas, esta nova edición do ciclo ‘Ciencias para novos investigadores’, unha iniciativa que terá como protagonistas ata o 25 de xaneiro a estudantes do IES Ánxel Fole, Colexio María Auxiliadora, IES Sanxillao, Colexio Padres Franciscanos, Colexio San José, IES Lucus Augusti e IES Ollos Grande. O IES Leiras Pulpeiro de Lugo, así como os Colexio Marista La Inmaculda e Colexio Divino Maestro, tamén da capital luguesa, formalizaron a súa inscrición para participar neste programa do 22 ao 25 de maio.

Publicidade

O decano da Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC salientou o esforzo realizado polos docentes e demais persoal do centro universitario lugués para o desenvolvemento deste tipo de actividades, ao tempo que fixo fincapé na incidencia positiva que están a reportar tanto esta iniciativa como outras accións impulsadas polo Campus Terra da USC e tamén polo programa ‘A Ponte’ da USC nas estatísticas de matrícula rexistradas nos títulos de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Nutrición Humana e Dietética, os dous graos universitarios ofertados pola USC neste centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX