A neta de Ángela Ruiz lembra a súa figura nunha charla en Santiago

Ángela Ruiz Robles, mestra e escritora, inventou unha enciclopedia mecánica considerada un antecedente do que logo chegaría a ser o libro electrónico. Alumni USC recupera a súa figura a través da súa neta Mª Luisa Souto Grandal, socia desta Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, quen impartirá a vindeira semana unha charla sobre o legado da súa avoa. A intervención está prevista para o mércores 4 de abril ás 19.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (praza de Mazarelos).

Con esta intervencións, que dará conta da vida e obra dunha muller considerada pioneira en múltiples aspectos, Alumni quere contribuír a dar unha maior visibilidade a aquelas mulleres que desenvolveron traballos importantes nos ámbitos da cultura, a investigación e outras esferas con repercusión social.

Publicidade

Tamén podes ler:

historias-gc/dona-angelita-ferrola-que-inventou-o-libro-electronico/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos