As Regueifas de Ciencia abordan a autodeterminación de xénero

A iniciativa da USC contará coa presenza das expertas Aitzole Araneta, Rosa Almirall, Isabel Esteva e Ángeles Álvarez

As Regueifas de Ciencia, unha iniciativa de divulgación científica sobre debates relevantes na opinión pública, abordará o xoves 15 de xullo a cuestión da autodeterminación de xénero. O asunto está de plena actualidade despois do recente impulso por parte do Consello de Ministros do Goberno español da lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGBTI. A actividade organizada pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), reunirá, como é habitual no formato, a dúas parellas de relatoras que defenderán cadansúa postura a partir dunha pregunta consensuada con persoas e colectivos expertos no tema. Poderá seguirse en liña a través de regueifas.org ou a canle de Youtube da iniciativa.

Así, partindo da cuestión xeral “Débese permitir a autodeterminación de xénero?”, presentaranse outras preguntas que artellarán o debate, como “Cales son os cambios que poden mellorar a situación das persoas trans?”, “A intervención médica implica patoloxización?”, “Como defendemos mellor aos/ás menores?” ou “Cales son as implicacións socio-xurídicas da autodeterminación de xénero?”

No bando do si estarán Aitzole Araneta, sexóloga e Técnica de Igualdade, autora de conferencias, artigos divulgativos, charlas e formación a diferentes perfís, que ten organizado seminarios e publicado diversos textos en medios nacionais e internacionais sobre feminismos e despatoloxización trans, e Rosa Almirall, doutora en Obstetricia e Xinecoloxía e Máster en Sexualidade Humana, que foi creadora de Trànsit, o Servizo público de atención, asesoramento, axuda e promoción da saúde para as persoas trans, do Institut Catalá de Salut, baixo un modelo biopsicosocial, transpositivo e despatoloxizador.

Na parte do non falarán Isabel Esteva, doutora especialista en Endocrinoloxía e Nutrición, que foi Coordinadora da Unidade de Transexualidade e Identidade de Xénero (UTIG) de Andalucía, e Ángeles Álvarez, consultora en Políticas de igualdade, ex-deputada do PSOE e activista feminista, e unha das expertas máis importantes na violencia de xénero en España e foi unha das fundadoras da “Red Española contra la Violencia de Género”.


Máis información e documentación sobre a actividade e as relatoras, na web de Regueifas de Ciencia, nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.