Un artigo da Universidade da Coruña, na portada de “Chemical Society Reviews”

O grupo Quimolmat analiza nunha revisión os avances máis recentes no campo dos receptores artificiais intelixentes

Unha revisión asinada por científicos do grupo de Química Molecular e de Materiais (Quimolmat) da Universidade da Coruña ocupa a portada do número 12 da revista Chemical Society Reviewsunha das de maior impacto mundial no referente ás revisións de investigacións de actualidade na química, cun factor no JCR de 2019 de 42,486.

O traballo, asinado por Arturo Blanco, Pablo Cortón, Liliana Barravecchia, Iago Neira, Elena Pazos, Carlos Peinador e Marcos García, analiza as últimas novidades sobre receptores moleculares intelixentes. Estes deseños, segundo explican desde o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da UDC, son esenciais para os seres vivos, xa que “recoñecen e interactúan con moléculas pequenas (ou substratos), regulando os procesos biolóxicos ou mediando a transducción de sinais” explican os autores do traballo. A chamada Química Supramolecular encárgase do “deseño de receptores artificiais adaptados a unha función específica e con capacidade de responder a estímulos do entorno, transformando a resposta nun evento supramolecular como é a unión ou a liberación do substrato”, engaden.

Publicidade

Conseguir receptores sensibles á luz, cambios de pH ou de potencial redox é un dos obxectivos máis novos neste campo, pois permite interesantes “aplicacións como a liberación controlada de fármacos, o secuestro de contaminantes ou o desenvolvemento de novos materiais capaces de auto-repararse”, revélannos os investigadores.

Esta revisión recolle os avances máis recentes no desenvolvemento destes receptores artificiais intelixentes, incluíndo os deseñados polos propios autores, quen traballan cunha nova clase de receptores dinámicos sensibles ao pH.

Publicidade

A imaxe de portada ilustra un mando onde se le “Interruptor Supramolecular” e uns botóns reguladores dos estímulos externos. Este mando controla a remoto un complexo “Hóspede-Hospedador”, representando o control que confire a Química Supramolecular sobre o ensamblaxe do substrato a receptores artificiais.

O grupo Quimolmat mantén activas relevantes colaboracións internacionais, entre as que se atopan traballos co equipo dun dos premios Nobel de Química de 2016, Fraser Stoddart.


Referencia: Controlled binding of organic guests by stimuli-responsive macrocycles (Publicado en Chemical Society Reviews).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Imprimir directamente na boca: un proxecto galego busca acelerar a rexeneración ósea dental

Investigadores do CICA desenvolven un biopen portátil para reproducir enxertos en 3D adaptados ao desperfecto de cada paciente

Un equipo da Coruña crea un modelo en 3D para entender a endometriose e mellorar o seu diagnóstico

O obxectivo é comprender as características moleculares da enfermidades para probar novas dianas terapéuticas e identificar biomarcadores que axuden na súa detección

Un estudo da UDC achega novas claves para crear paneis solares máis estables e duradeiros

O investigador Alberto García participa nun artigo que axuda a comprender os principais obstáculos das prometedoras células solares de perovskita para chegar ao mercado

A UDC participa na creación dunha compresa intelixente para mellorar a detección da endometriose

Un equipo do CICA colabora nun proxecto europeo para identificar sinais temperás da enfermidade a partir de análises do fluxo menstrual