A USC mantén a súa presenza no ránking Times Higher Education das mellores universidades do mundo

A presenza por segundo ano consecutivo da USC entre as mellores universidades do mundo segundo o ránking Times Higher Education 2017 (THE) converte a Universidade compostelá nunha das dez universidades españolas presentes simultaneamente nos tres principais ránkings internacionais, xunto con ARWU (Academic Ranking of World Universities) e QS World University Ránking, actualizados o pasado mes de agosto e en setembro, respectivamente.

Do total das preto de trinta universidades españolas referenciadas nalgún destes ránkings, as dez referenciadas de xeito simultáneo nos tres máis importantes son Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Barcelona, Complutense, Granada, Politécnica de Cataluña, Politécnica de Valencia, Pompeu Fabra, Valencia e a USC.

Publicidade

Santiago de Compostela, por segundo ano consecutivo, é unha das 27 universidades españolas presentes no ránking Times Higher Education 2017, listaxe das 980 mellores universidades do mundo. Esta clasificación internacional preséntase como “á unica táboa de clasificación internacional máis grande ata o momento. É a única clasificación do rendemento global das institucións universitarias a través das súas misións básicas: docencia, investigación, transferencia de coñecemento e proxección internacional”.

Os aspectos mellor valorados da USC son os relativos á súa proxección internacional, citacións científicas ou influencia investigadora e transferencia de coñecemento. Paralelamente experimenta unha mellor nos datos relativos a volume, ingresos e reputación en investigación. Para a súa elaboración, ademais da análise dos datos de produción científica das distintas universidades avaliadas, tómanse en consideración os resultados dunha enquisa a académicos arredor do mundo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía