Martes 16 Abril 2024

A USC e a Xunta colaboran no estudo infeccións bacterianas en criadeiros de bivalvos

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Viaño, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, veñen de asinar un convenio de colaboración para desenvolver o proxecto ‘ Poboacións bacterianas en criadeiros de bivalvos: procesos de patoxénese’, cuxo investigador principal é Juan Barja Pérez, da USC, que contará no equipo con persoal do Centro de Investigacións Mariñas dirixido por Jaime Montes Pérez.

O fin desta colaboración é facilitar a execución dos traballos relacionados co proxecto, que ten como obxectivos principais estudar os mecanismos de infección bacteriana en cultivos larvarios de bivalvos e coñecer a dinámica dos patóxenos no criadeiro. Tamén realizan ensaios para identificar as bacterias beneficiosas para as larvas de moluscos e aplicar os coñecementos á xestión do criadeiro.

Publicidade

O que se busca a través destas accións é que os resultados obtidos sirvan como base para o deseño de estratexias que optimicen a produción de semente de bivalvos en criadeiro. De feito, o coñecemento obtido será aplicable á xestión de criadeiros, permitindo unha mellora dos traballos que redunde na optimización dos controis que garantan unha boa calidade microbiolóxica e que tamén redunde na produción final.

O estudo pretende optimizar a produción de semente de bivalvos en criadeiro

Búscase tamén posibilitar programas de recuperación das poboacións en bancos naturais e facilitar a diversificación do mercado, xa que axudan á posta a punto dos cultivos de novas especies de bivalvos, que complementarán aquelas máis tradicionais.

Ademais, os resultados da investigación servirán para ser integrados no proceso de produción e así actualizar os sistemas de traballo, achegando información para a prevención de riscos, a mellora dos protocolos de limpeza e mantemento e a optimización do funcionamento das instalacións. Este coñecemento obtido difundirase en diversos foros relacionados coa acuicultura e a microbioloxía e en revistas científicas especializadas. Tamén poderá servir de posible asesoramento a empresas.

Para a realización deste proxecto, o Ministerio de Economía e Competitividade concedeu unha axuda de 181.500 euros á USC, enmarcada no Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A metade da poboación está infectada por ‘Helicobacter pylori’: podemos evitar a súa transmisión?

É unha bacteria estendida e común pero pouco estudada que pode producir enfermidades no estómago e no duodeno

Que é a lexionela? A bacteria que agroma en Galicia e Portugal sen que se coñeza o foco

O bacilo deixa 18 casos no Rosal, A Guarda e Caminha. Secuenciaranse mostras para determinar se existe relación entre os gromos

Revelan o mecanismo molecular que activa a toxicidade da bacteria do cólera

Un equipo de científicos de España e EE.UU. descubriron a estrutura atómica da proteína ToxR unida ao ADN

Podería a endometriose ser causada por unha bacteria? Un estudo aporta novas claves

Un equipo de Xapón estableceu unha relación entre a presencia de fusobacterium no endometrio das mulleres que padecen a enfermidade