Búscanse 300 pilotos para investigar os factores psicolóxicos nos deportes de motor

En deportes como o motociclismo, nos que as decisións que poden levarche á vitoria tómanse en décimas de segundo, factores como a motivación ou a confianza nun mesmo convértense en determinantes “para sacarlle o máximo rendemento á moto”, como recoñece a alumna de doutoramento Anna Viñolas. Afondar na importancia dos factores psicolóxicos nos deportes de motor e deseñar un cuestionario específico que permita a súa avaliación por parte dos e das profesionais da psicoloxía deportiva son os obxectivos do estudo que esta investigadora está desenvolvendo para a súa tese de doutoramento, que dirixe o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Joaquín Dosil, e para a que precisa realizar unha enquisa a máis de 300 pilotos en activo.

Dirixida a deportistas tanto amateurs como profesionais, que participen en calquera tipo de competicións, “desde torneos provinciais a competicións internacionais”, nas diferentes modalidades do motociclismo e o automobilismo, a enquisa que Viñolas trata de impulsar a través da rede ten como obxectivo reunir “unha mostra o suficientemente representativa” para poder coñecer coa “fiabilidade necesaria” os criterios que marcarán a elaboración do cuestionario que constituirá a última fase do seu proxecto. Neste senso, esta estudante de doutoramento destaca que o obxectivo final da súa tese é crear un cuestionario específico que permita a avaliación psicolóxica dos e das deportistas que practican estas modalidades por parte dos profesionais do eido. “A pesares de que España é punteira en deportes como o motociclismo, aínda falta ese nivel de especialización para poder exercer mellor o noso traballo”, sinala esta psicóloga deportiva, que explica que ata o de agora “teñen que adaptarse outros cuestionarios xenéricos a esta modalidade, e todos sabemos nada ten que ver xogar ao fútbol ou ao tenis con ser piloto”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A mestra de Ferrol que foi precursora do libro electrónico: “Era un ben común e universal”

María Luisa Souto conta a historia da súa avoa tras un evento da Universidade da Coruña no que se conmemora o 50 aniversario do seu falecemento

Román Rodríguez: “A pandemia puxo enriba da mesa a necesidade de apostar pola ciencia”

O conselleiro de Ciencia defende a aposta do Plan de Investigación polas tecnoloxías da bioloxía, cuántica e verde: “Galicia non pode ser boa en todo”

O método pedagóxico galego que promete revolucionar o estudo da gramática

“Sintaxe” propón un sistema máis innovador e inclusivo no que os nenos de entre 6 e 11 anos aprenden con recursos que poden tocar

Intelixencia artificial para detectar TDAH nas aulas e outros proxectos de Galiciencia 2024

A feira científica reúne un centenar de traballos de alumnado de Secundaria, Bacharelato, FP e Primaria de toda a comunidade