A Universidade de Santiago obtén a autorización para empregar drones en investigación

A USC xa está autorizada para operar con aeronaves pilotadas por control remoto, ‘drones’, logo de acadar a pertinente habilitación expedida pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), que é o organismo público responsable de regular no territorio nacional as operacións con aeronaves de ata 150 quilogramos.
A solicitude de habilitación da USC como organismo público autorizado para operar con ‘drones’ xurdiu da necesidade da mesma para o desenvolvemento do proxecto de investigación ‘ Modelización-espazo temporal do estado de conservación de hábitats mediante imaxes de moi alta resolución adquiridas por Vehículos Aéreos Non Tripulados (VANT)’, financiado pola Xunta de Galicia e dirixido polo profesor do Departamento de Botánica da USC, na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Ramón Alberto Díaz Varela, que é membro do grupo de investigación GI-1809 Biodiversidade e Botánica Aplicada).
A consecución desta habilitación e o conseguinte recoñecemento legal da USC como operador de ‘ drones’ por parte da AESA é un fito non menor para a institución académica compostelá, dado o grande interese deste tipo de tecnoloxía no eido da docencia, así como en moi diversos campos e futuras liñas de investigación.
As aeronaves pilotadas por control remoto, coñecidas popularmente como ‘drones’, dispositivos tamén referidos habitualmente na literatura polos acrónimos RPAS (Remotely Piloted Aircraft System) ou UAV (Unmanned Aerial Vehicle), emerxeron nos últimos anos con forza como unha alternativa complementaria ás plataformas tradicionais para a percepción remota, como avións ou satélites, pola súa versatilidade e vantaxosa relación custe/calidade da información xerada.
Máis información no seguinte enlace:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2015_12/noticia_0032.html

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía