A Universidade da Coruña homenaxea a Cervantes cunha lectura do Quixote en 19 linguas

Con gallo do Día Mundial do Libro e do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes, a Universidade da Coruña organiza o venres 22 de abril unha lectura multilingüe do primeiro parágrafo de El Quijote, na que participarán alumnado estranxeiro da UDC e membros do profesorado lendo o fragmento nas súas respectivas linguas de orixe. A lectura pecharase coa actuación do coro universitario.
O acto, de carácter público, terá lugar ás 12 horas no Paraninfo da Universidade, na Maestranza.

O reitor, Julio Abalde, iniciará a lectura co texto orixinal en español, e o seguirá o secretario Xeral, Carlos Aymerich, coa lectura do fragmento en galego. A continuación, intervirán alumnos e profesores que lerán o primeiro parágrafo en sueco, albanés, francés, ruso, chinés, catalán, alemán, italiano, polaco, latín, portugués, vietnamita, romanés, turco, xeorxiano e lingua de signos, co presidente da Asociación de persoas xordas de Galicia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos

Galicia, o lugar onde un océano se pechou

O territorio galego é testemuña de millóns de anos de movementos tectónicos que deron lugar ás formacións xeolóxicas actuais