A Universidade da Coruña acollerá o VI Congreso Mundial do Deporte Escolar

A Facultade de Ciencias da Educación acollerá os vindeiros días 3-5 de novembro a sexta edición dun congreso técnico-científico que analizará a actualidade do deporte en idade escolar.

O evento xa conta con máis de 100 inscritos procedentes de diferentes cidades españolas, así como representantes do deporte escolar doutros países como México, Perú, Portugal, Francia, Brasil, Colombia, República Dominicana ou Ecuador.

Publicidade

As inscricións están abertas ata o día 28 de outubro e poden facerse na web do evento www.sportis.es

Haberá un total de 15 conferencias impartidas por profesorado nacional e internacional. Algúns dos temas que se abordarán serán o análise dun programa de prevención de comportamentos antisociais no deporte, a selección de talentos deportivos, neuroeducación e Educación Física, a nutrición deportiva en nenos, a análise dos modelos deportivos de Brasil e Francia, ou os dereitos e obrigas legais dos técnicos deportivos, entre outros temas.

Publicidade

Tamén se presentarán máis de 50 traballos de investigación de numerosos investigadores nacionais e internacionais.
A Universidade da Coruña sensibilízase así ca mellora da formación dos técnicos deportivos e ofrece ao seu estudantado dos Grados de Ciencias do Deporte e Educación Física, así como Fisioterapia e outras titulacións afíns, unha formación de calidade para a súa actualización e reciclaxe de coñecementos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos

Galicia, o lugar onde un océano se pechou

O territorio galego é testemuña de millóns de anos de movementos tectónicos que deron lugar ás formacións xeolóxicas actuais