A UDC desenvolve un proxecto de habitabilidade integral en Mozambique

O pasado xoves, en Maputo (Mozambique), tivo lugar o lanzamento do proxecto de cooperación universitaria ao desenvolvemento Kaya Clinica (“clínica das casas” en lingua xangana).

O proxecto, impulsado pola Universidade Eduardo Mondlane de Mozambique en colaboración coa Universidade da Coruña, está financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) con 74.824 euros para un período de execución de 18 meses.

Publicidade

No lanzamento do proxecto estiveron presentes a coordinadora xeral da cooperación española en Mozambique, Cristina Gutiérrez; os socios locais, encabezados polo coordenador do proxecto en Maputo Luis Lage, Plácido Lizancos (profesor da ETS de Arquitectura) e Vanessa Míguez (técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado), dúas das persoas que dirixen o proxecto na UDC xunto con Alberto Varela.

O proxecto Kaya Clinica vai executar un sistema de aprendizaxe – servizo para o alumnado, enfocado á habitabilidade integral (auga, saneamento e mellora da habitabilidade), que se inicia nun dos barrios informais da capital mozambicana, Dimitrov, situado ao norte da cidade.

Publicidade

O proxecto implica as facultades ou escolas de Arquitectura, Enxeñaría, Dereito, Letras e Ciencias Sociais, Medicina e Economía da Universidade Eduardo Mondlane, e as escolas de Arquitectura e de Enxeñaría de Camiños da UDC, así como a Oficina de Cooperación e Voluntariado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie

A propulsión nuclear, a exame como alternativa para descarbonizar o transporte marítimo

Unha investigación do CITENI analiza os riscos dos reactores de sales fundidas para a súa posible aplicación nos buques do futuro

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares