A Rede Igsea premia traballos de fin de grao que defendan a xestión sostible dos recursos

A Rede de Investigación para a Xestión Sostible da Empresa Agroalimentaria (Igsea) premiará con 1.000 euros os mellores traballos de fin de grao ou fin de másteres oficiais relacionadas coa xestión sostible defendidos en calquera das tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) (USC, UDC e UVigo) no curso académico 2014-2015.
O obxecto da convocatoria de este premio, que está aberta á participación de estudantes da USC, UDC e UVigo, é o de recoñecer e poñer en valor aquelas achegas relevantes no eido da xestión sostible da empresa agroalimentaria. As bases que regulan a convocatoria da primeira edición deste premio establecen un galardón de 700 euros brutos para a proposta mellor valorada polo xurado, así como un accésit de 300 euros para a persoa que acade a segunda mellor puntuación, ademais de cadanseu diploma acreditativo.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

Cinco mozas galegas defenden na ONU un sistema para protexer o mar: “Aprendemos moitísimo”

Quitina é o nome do proxecto e o material biodegradable usado polas estudantes do colexio ourensá para substituír os palillos plásticos

Existe a aura? Un estudo di que os seres vivos desprenden unha luz que desaparece ao morrer

Investigadores da Universidade de Calgary comproban en ratos que a bioluminiscencia dos organismos desaparece ao deixar de estar vivos

Dedos coma uvas pasas: engúrrase a pel das mans ca auga sempre do mesmo xeito?

Unha pregunta duns nenos levou a un grupo de científicos a mollarse para saber se a auga fai sempre as mesmas formas na pel