A profesora da USC Carmen Álvarez ingresa na Academia de Farmacia de Galicia

A profesora da USC Carmen Álvarez ingresa na Academia de Farmacia de Galicia

A profesora do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC Carmen Álvarez Lorenzo ingresará este mércores 30 como Académica de Número na Academia de Farmacia de Galicia. A cerimonia protocolaria dará comezo ás 19.00 horas na sede da Academia (antigo Hospital de San Roque, r/ San Roque, 2) e nela pronunciará o discurso ‘Medicamentos e produtos sanitarios integrados nun só sistema. Oportunidades e retos’.
Premio extraordinario de Licenciatura e Doutoramento, Carmen Álvarez realizou unha estadía entre 1998 e 2001 no Departamento de Física e Centro para Ciencia e Enxeñaría de Materiais no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT). De volta en España, incorporouse como investigadora do Programa Ramón y Cajal ao Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, no que é profesora titular dende 2007. No ano 2011 a profesora Álvarez Lorenzo obtivo a acreditación para acceder ao corpo de catedráticos de universidade.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un océano cada vez máis ácido? A incógnita que trata de resolver a ciencia galega

A diminución do pH ten un impacto directo sobre os moluscos e os corais. Un equipo da Coruña reclama unha estandarización da medida

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas