A Guía Repsol recoñece o restaurante galego ‘A Tafona’ con tres soles e incorpora estes sete novos locais

Dous locais de Pontevedra, tres da Coruña, un de Lugo e outro de Ourense son galardoados cun sol

Galicia conta cun novo restaurante recoñecido pola Guía Repsol con tres soles: A Tafona, en Santiago de Compostela. Tamén se estrean cun sol os locais de Marna (Pontevedra), Alberte (Vigo), O Secadeiro (Outes), El de Alberto (A Coruña), Gunnen (A Coruña), Vértigo (Sober) e Miguel González (O Pereiro de Aguiar). Con estas oito incorporacións, que se deron a coñecer na gala celebrada o luns en Tarragona, Galicia xa conta con 49 restaurantes galardoados: 34 cun sol, 12 con dous e tres con tres soles.

“Guía Repsol ten todo o ano posto o radar nos restaurantes que mesturan intelixencia e intuición e búscaos proactivamente polo territorio para seguir probando cousas novas. As tendencias gastro evolucionan cada ano e nesta edición 2026 a fusión entre distintas rexións de España substitúe as influencias máis exóticas, que tanto tempo prevaleceron nos restaurantes. Hai propostas tamén rupturistas, que conviven con outras máis evocadoras e a conciliación esténdese no sector”, explicou María Ritter, directora de Guía Repsol.

Publicidade

Volta ao artesanal

Entre os 83 novos Soles que se suman este ano á Guía Repsol, distínguense tres restaurantes con tres soles, a máxima cualificación: A Tafona (A Coruña), Ramón Freixa Atelier (Madrid) e Voro (Mallorca). Segundo indican dende a Guía Repsol, a proposta de Lucía Freitas en Santiago de Compostela destila sabor atlántico e móstrase orgullosa da alma galega, coa visión moderna de quen ama a orixe e construíu un universo propio, no que as produtoras e artesás son parte fundamental.

  • Gunnen, A Coruña.
  • Miguel González, O Pereiro de Aguiar (Ourense).
  • O Secadeiro, Outes (A Coruña).
  • Vértigo, Sober (Lugo).
  • Alberte, Vigo (Pontevedra).
  • El de Alberto, A Coruña.

Os novos cociñeiros son multitude entre os 69 restaurantes cun sol en 2026. Partidarios de menús máis curtos e alcanzables, responden as demandas dun comensal que busca frescura e cambios frecuentes para seguir a tempada ao detalle. Ademais, indican dende a Guía Repsol, hai un regreso aos procesos artesanais de antes. Por exemplo, coa elaboración de embutidos propios e as verduras como prato principal. En canto ás técnicas, as brasas están “imparables”.

Publicidade

Aplicacións

Coas novas incorporacións da edición 2026, 808 restaurantes forman o universo de Soles Guía Repsol: 46 tres soles, 173 dous soles e 589 un sol, ademais de 1.605 Restaurantes Guía Repsol (ata o de agora denominados Recomendados), con 242 novidades. Na aplicación de Guía Repsol pódense consultar todos os soles 2026. Ademais, grazas á xeolocalización, nunca foi tan fácil parar polo camiño no sitio que mellor se adapta ás túas necesidades.

Pensando no sector da hostalería tamén puxo en marcha a plataforma profesional ‘Facemos Cociña’, co obxectivo de acompañar aos restaurantes na súa evolución. Un punto de encontro no que intercambiar coñecemento e descubrir de primeira man iniciativas para avanzar.

  • Etiquetas
  • Gu

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas