A Cátedra do Pan organiza en Lugo un panel profesional de cata de pan

A Cátedra do Pan e do Cereal da USC desenvolverá o vindeiro xoves 26 de xaneiro o primeiro panel profesional de catadores de pan no Campus Terra da USC. Esta xornada, que estará guiada pola catedrática da área de Tecnoloxía de Alimentos da USC e directora da primeira cátedra universitaria ligada ao Campus Terra, Ángeles Romero, e por Belén García Gómez, contará coa presenza de Manuel da Cunha, de Panadería Da Cunha, ademais das 12 persoas previamente seleccionadas e formadas para este proceso de cata.

A sesión de cata comezará ás 12.00 horas e desenvolverase na sala de catas da Facultade de Veterinaria de Lugo. Manuel Da Cunha, quen achegará ao panel de catadores as distintas variedades de pan para a súa análise sensorial, abrirá a sesión cunha breve indicación relativa ás características dos produtos e que logo serán contrastadas cos resultados emitidos polos integrantes do panel de catadores.

Publicidade

O obxectivo deste primeiro panel profesional de catadores de pan pasa por elaborar unha ficha de cata o máis versátil posible, segundo indicou Ángeles Romero. A directora da Cátedra do Pan e do Cereal da USC sinalou, sen embargo, que esta primeira sesión podería completarse, de ser o caso, con novas xornadas de análises sensoriais ou con paneis de cata doutros produtos derivados do pan.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe