Venres 26 Abril 2024

Galicia asiste ao espectáculo da eclipse de Sol

Datos do eclipse de sol do 20 de marzo.
Datos do eclipse de sol do 20 de marzo.

O vindeiro 20 de marzo terá lugar unha eclipse total solar que aínda que parcialmente se poderá ver en Galicia cunha importante magnitude. De feito, dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na  costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar. De darse condicións meteorolóxicas favorables, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC alerta das debidas precaucións que hai que tomar ese día para observar o fenómeno.
A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, terá o máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18. Retransmitirase vía internet polo Real Instituto y Observatorio de la Armada, e por Misión Eclipse. Ademais, o Observatorio Astronómico da USC organizará no seu xardín unha sesión pública de seguimento.
A eclipse deberá de observarse coas debidas precaucións, advirte o director do Observatorio da USC José Ángel Docobo, e ter especial coidado cos mais novos dado que ese día, curiosamente tamén o último do inverno, non será lectivo.

O día 20 será festivo e marca curiosamente a fin do inverno

O procedemento máis seguro para observar unha eclipse solar é proxectando sobre unha superficie a imaxe producida por un pequeno telescopio, pero nunca mirar directamente o Sol e menos aínda observalo con prismáticos ou telescopios. Unha alternativa, se non se dispón das gafas especiais ao efecto, pode ser usar os cristais que se adoitan utilizar en soldadura “pero neste caso débense manexar con máximo factor de protección e non mirar de xeito continuado”, advirte Docobo, que subraia “en todo caso, os máis cativos deben de estar sempre tutelados”.
A eclipse do día 20 vai ser a máis importante en Galicia dende aquela espectacular anelar do 3 de outubro de 2005. Entón, aínda que a Lúa se situou xusto fronte ao Sol non o tapou completamente deixando un aro de luz solar arredor do satélite. Iso debeuse a que a Lúa estaba preto do apoxeo –m áxima distancia a nós, tendo en conta que a distancia entre a Lúa e a Terra oscila entre 356.375 e 406.720 quilómetros–.
A próxima eclipse solar que se verá coma total na Península será o do 12 de agosto de 2026, en tanto que o 26 de xaneiro de 2028 poderá verse outra de carácter anelar. Tamén en 2015, na noite do 27 ao 28 de setembro, haberá a oportunidade de contemplar unha eclipse total de Lúa.

Publicidade

Aquí podes ver gráficos interactivos sobre como será a eclipse en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito