‘Plantando cara ao lume’ recupera con árbores o Xurés queimado

A expedición universitaria da USC, que contou coa colaboración da FECYT, plantou castiñeiros e carballos nun terreo incendiado no Concello de Muíños

Estudantes e docentes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) e da Facultade de Formación do Profesorado do  Campus de Lugo da USC, así como das facultades de Bioloxía, Ciencias da Educación, ciencias da Comunicación e Economía da sede universitaria compostelá veñen de acometer diversas actuacións de recuperación duns terreos da Serra do Xurés asoladas polas lapas ao abeiro do programa ‘Plantando cara ao lume’.

Este proxecto, coordinado polo catedrático da USC Agustín Merino García, recibe financiamento da Federación Española de Ciencia y Tecnoloxía (Fecyt) e na actual edición tamén conta coa participación das universidades de Castela a Mancha e Córdoba, ademais do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria, con sede en Madrid.

Publicidade

Plantación nuns terreos queimados na Serra do Xurés.

A última da accións previstas no marco de ‘Plantando cara ao lume’ desenvolveuse a mediados deste mes no Parque Natural da  Serra do Xurés, nunha zona afectada durante polos incendios forestais e na que é preciso unha mellora da xestión forestal para reducir esta problemática e minimizar así as consecuencias das lapas sobre os bosques, a auga e o medioambiente. Os docentes, investigadores e estudantes implicados nesta actuación salientan asemade os efectos negativos que provocan os lumes forestais no desenvolvemento rural dunha zona que atopa entre as súas fortalezas a actividade forestal e o potencial turístico.

Axudados por persoal das comunidades de montes locais, así como por xestores forestais da propia Administración autonómica, empresas da contorna e outras entidades colaboradores, os protagonistas desta nova acción promovida ao abeiro do proxecto ‘Plantando cara ao lume’, os participantes nesta expedición medioambiental repoboaron unha parcela do lugar de Piñoi (concello de Muíños) incendiada en 2016 con novas plantas de castiñeiro e carballo.

Publicidade

Un momento da plantación no Xurés.

A escolla destas especies responde á intención de proporcionar unha alternativa silvícola máis acaída aos sistemas xa afectados por incendios, dado que estas plantas actuarán como barreira natural contra o problema dos lumes forestais tan habitual na rexión, explican.

Outro ámbito no que traballaron os participantes nesta acción ambiental foi no coñecemento e estudo das particularidades da fauna e da flora do Parque Natural da Serra do Xurés, segundo indicou o profesor Agustín Merino. Este investigador sinalou que a expedición desprazada ata a Serra do Xurés gozou dunha oportunidade para ampliar os seus coñecementos sobre a singularidade de determinadas especies vexetais e animais da zona que están ameazadas, a través da realización de diversos itinerarios e outras sesións formativas sobre o terreo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX