Martes 5 Marzo 2024

Crean un ‘antiácido’ para evitar os eructos de metano das vacas

A gandería é responsable do 18% das emisións de gases de efecto invernadoiro no mundo, segundo un estudo publicado na revista PNAS. Os ruminantes como vacas, ovellas e cabras xeran un 35% do metano, un gas que contribúe significativamente ao cambio climático.

Un grupo de investigadores do CSIC comprobou como o 3- nitrooxypropanol, unha molécula de recente creación, reduce as emisións de metano das vacas, ovellas e cabras. O composto, xa patentado, actúa sobre o sistema dixestivo dos ruminantes coma se fose un anti acedo, inhibindo a liberación deste potente gas de efecto invernadoiro e sen prexudicar ao animal.

Publicidade

Os ruminantes dixiren os alimentos mediante a fermentación que realizan os microorganismos presentes no rumen, unha das catro cavidades do seu estómago. Neste proceso prodúcense ácidos orgánicos que son absorbidos e metabolizados polo organismo como fonte de enerxía; e metano, que se escapa á atmosfera en forma de gas.

O 98% do metano emitido polas vacas é por medio de eructos, non polas flatulencias

Ao redor das vacas e demais animais da gandería moderna teceuse unha rede de incorreccións, medias verdades e falsidades que as converteron nas grandes culpables do cambio climático.

É certo que liberan á atmosfera uns 100 millóns de toneladas de CH4 cada ano e que son responsable do 36% do metano emitido en España anualmente. Mais, con todo, os animais non ten a culpa de que haxa case 1.500 millóns de cabezas de gando bovino, tanto para carne como para leite, e preto de 1.900 millóns entre cabras e ovellas. Se alguén é culpable, somos os humanos. O das flatulencias é outro mito que custa desmontar. A pesar desta crenza popular, o certo é que entre o 95% e o 98% do metano emitido polos ruminantes é por diante e non por detrás, é dicir, polos eructos.

Vaca_oveja_metano_imagelarge

En 2014, demostrouse a efectividade do composto 3-nitrooxypropanol en ovellas, pero descoñecían o seu funcionamento no corpo dos animais. Por iso, os científicos realizaron investigacións primeiro en modelos de ordenador e despois en cultivos in vitro mediante incubacións de microorganismos anaerobios do aparato dixestivo dos ruminantes.

Comprobaron que a produción de metano podía reducirse nun 30%. “É posible inhibir a formación de metano ao 100%“, aclara o microbiólogo do Instituto Max Planck de Microbiología Terrestre, Rolf Thauer, e coautor do estudo. “Pero non é desexable porque a metanoxénese é importante para a fermentación no rumen, primeiro e máis importante dos tres pre estómagos deste tipo de animais”, engade.

A molécula non presenta ningún efecto adverso que prexudique ao resto do ecosistema microbiano do rumen. De feito, ao inhibir a acción das arqueas, o material que elas convertían en metano acaba sendo recuperado como enerxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

Un equipo de Vigo establecerá as zonas de especial protección dos cabaliños de mar

O Instituto de Investigacións Mariñas avaliará durante dous anos o estado das poboacións salvaxes destes animais mariños no litoral español

Confirmada a presenza de gripe aviaria por primeira vez na Antártida

O virus detectouse en mostras de aves mortas, achadas por científicos arxentinos nas proximidades da base 'Primavera'