Mércores 24 Abril 2024

O sisón, case extinguido en Galicia, Ave do Ano 2017

O Sisón é un pequeno xigante. Esta variedade de avetarda pode pesar case un kilo, cunha envergadura case dun metro. Habitual dos grandes campos de cultivo, en Galicia está case desaparecida, tras séculos de forte presenza, cando era habitual no eido rural en toda Europa central e occidental. Na actualidade, aquí só poden atoparse algunhas parellas reprodutoras nas bisbarras da Limia e da Terra Chá.

sisón distribución

Pero o Sisón, tamén coñecido como Suseiro (aínda que non hai referencias deste animal no Diccionario da Real Academia Galega) vén de converterse en protagonista. Porque a organización Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO) o nomeu Ave do Ano 2017. Ao longo de 12 meses desenvolverán unha campaña de concienciación para salvar unha especie que vive en perigo de desaparición.

Publicidade

SEO-Birdlife escolleu ao sisón común como ave do ano, nun intento de concienciar sobre o delicado estado de conservación da especie. Posuidor dun son particular (un característico ‘Trrrrr‘ que lle dá o seu nome), a súa poboación diminuíu polos avances tecnolóxicos agrícolas e outras accións humanas.

“Habitual nos campos dos nosos avós, a súa presenza viuse reducida e poida que os nosos fillos nunca cheguen a velo”, explicou Asunción Ruíz, directora executiva da SEO. Antigamente estendida desde o oeste de Europa e o noroeste de África, en Europa tan só quedan aves no sector occidental (España, Portugal, Francia e Sardeña) e no extremo leste (a partir do sur de Rusia).

O sisón é unha pequena avutarda de entre 700 e 900 gramos de peso, cunha plumaxe parda pouco rechamante para camuflarse nos campos de cereal e pasteiros secos que conforman o seu hábitat. Os machos mudan a plumaxe na primavera, adquirindo unha combinación branca e negra visible a gran distancia.

En España, o Sisón está  catalogada como “Vulnerable” (o último censo foi publicado no 2005)e atópase na Lista Vermella das Aves de Europa. En Galicia, xa só se poden atopar algúns exemplares nas comarcas da Limia e da Terra Chá.

A evolución negativa das poboacións pódese basear na destrución ou transformación dos seus hábitats -campos de cereal e pasteiros- por prácticas agrícolas intensivas ou abandono. Á intensificación agraria súmanse puntualmente causas de mortalidade non natural: maquinaria agrícola, valados e tendidos eléctricos, caza ilegal, atropelos, repoboacións forestais, estradas e urbanizacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Limia asfíxiase coa instalación de 42 pozos para regadíos: “Non hai auga, os ríos están secos”

Tres sociedades científicas presentaron alegacións contra o proxecto por poñer en risco a biodiversidade e o patrimonio natural

Un informe revela que a contaminación nas augas subterráneas da Limia “pode atribuírse” ás macrogranxas

Un estudo realizado pola UVigo tomou mostras de 76 pozos privados da comarca e máis da metade presentaban nitratos

Primeiros pasos para impulsar a recuperación da perdida lagoa da Antela

Unha campaña da SGHN e Ecoloxistas en Acción, con imaxes do realizador Adrián Vilas, apela á actuación para restaurar o humidal desecado no século XX

O ecoloxismo volve denunciar o “biocidio” da rula en Galicia

Máis de 20 entidades critican os "argumentos ridículos" da Xunta para seguir permitindo a caza desta especie ameazada