No marco da recente polémica sobre os chamados campionatos de caza do raposo en Galicia, onde se produciron enfrontamentos entre cazadores e grupos animalistas, o Seprona da Garda Civil anunciou esta semana que atopara unha raposa atada a unha roda nunha parcela do municipio de Ponteceso.
Segundo informou o organismo, foi durante unha patrulla rutineira cando os axentes viron á raposa encadeada a unha roda fixada con formigón, sen apenas marxe de movementos. Xunto á raposa había arredor dunha vintena de animais nos que, segundo a Garda Civil, había irregularidades nos seus rexistros e cartillas, Segundo informou La Voz de Galicia, foron recuperados na mesma parcela 14 cans, faisáns e cabras. Os axentes abriron dilixencias contra o titular do recinto.
Unha vez liberada a raposa, foi trasladada ao Centro de Recuperación de Especies Silvestres para valorara a súa posible reincorporación ao medio natural, unha vez se lle realicen análises sanitarias.
As asociacións animalistas Libera e Franz Weber reclamaron “unha sanción exemplar” por estes feitos, que cualificaron de “extrema gravidade” e anunciaron que pedirían medidas ao respecto á Xunta de Galicia. Denunciaron tamén episodios semellantes noutros puntos do país. O ano pasado o Seprona tamén atopou outra raposa encadeada nunha vivenda de Cangas e outra colgada dunha árbore en Lalín.
El #SEPRONA de #Pontevedra denuncia a una persona por tener a un #zorro en cautividad.
Aparentemente, esta persona estaba utilizando al animal para entrenar a sus perros de #caza. El zorro se encuentra actualmente en recuperación.https://t.co/MsWGaeZ9ZD pic.twitter.com/LePCd4a0Ox
— Noticias Seprona (@SepronaNoticias) 17 de mayo de 2018
¿Conoces al 💀💩 que colgó un zorro en lo alto de un árbol en Catasós #Pontevedra?
Ayúdanos#Colabora SEPRONA📞062https://t.co/GbzXcFJreL pic.twitter.com/uNjg2Zjt7m— Guardia Civil 🇪🇸 (@guardiacivil) 25 de febrero de 2017