O perigo dos gatos nas Illas Atlánticas

A canle de divulgación científica da Universidade de Vigo, Divulgare, estrea o vídeo ‘O perigo das mascotas nas illas’. Este traballo audiovisual “fala dos problemas que, desde o ámbito científico, están a detectarse en relación á posesión e tráfico de mascotas. Nel facemos mención expresa ao problema dos gatos en ecosistemas insulares”, indica Luís Navarro, profesor do departamento de Bioloxía Vexetal.

O vídeo de Divulgare advirte do problema que xeran os gatos nas illas, tras ser abandonados por persoas que as visitan. Os gatos están asilvestrados e están a provocar que outros animais como os anfibios ou as aves non leven ben a presenza dos felinos. O traballo amplía outros vídeo xa feitos sobre os gatos no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Publicidade

Moitos dos felinos, unha vez chegan á súa nova contorna, comezan a competir polos recursos con outros organismos que non están preparados para defenderse dun predador tan eficiente. “Con este vídeo, incómodo para moitos, pretendemos chamar a atención dun problema que está a afectar, agora xa a gran escala, á conservación da nosa biodiversidade. Non é un problema menor e por iso temos que implicarnos en buscar solucións entre todos”, engade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un peixe que devora algas acelera o declive dos bosques mariños nas Illas Atlánticas

A desaparición, ligada á presión da saboga e ao cambio climático, deixa xa sen kelp boa parte da costa galega

As Illas Atlánticas perden o 40% da súa biodiversidade nunha década

Un estudo analiza o fondo mariño do parque galego e do Arquipélago de Cabrera e constata o declive das especies nas dúas áreas mariñas protexidas

As sete orquídeas das Illas Atlánticas, un tesouro cada vez máis ameazado

Un novo estudo crea o catálogo máis completo ata o momento de especies en risco polo turismo, as invasoras e o cambio climático

O Porto de Vigo inicia a vertedura de 220.000 toneladas de dragaxes a 3,6 millas de Cíes

O ministerio reabre o vertedoiro submarino xunto a Sálvora e habilita un terceiro a 5,5 quilómetros de Ons, onde descansarán as escavacións do Lérez