A madeira de frondosas galegas, idónea para a elaboración de barrís

Unha tese proba que o castiñeiro galego presenta propiedades semellantes ás do carballo de orixe francesa ou americana que o fan adecuado para o seu uso en destilería

Barricas de madeira
Barricas de madeira

Unha tese de doutoramento, elaborada na Universidade de Santiago de Compostela (USC), demostra a idoneidade da madeira galega de frondosas para a elaboración de barrís e contribúe así á optimización do deseño de toneis empregados en destilería. A enxeñeira de Montes Adriana Conde Fernández determina tamén no seu estudo os erros nas fórmulas empíricas tradicionais.

A madeira empregada pola industria toneleira é unha materia prima de alta calidade e gran valor, aínda cando a fabricación de barricas a día de hoxe continúa a ser unha actividade artesanal case por completo. Daquela, as pescudas desenvolvidas por Adriana Conde e compiladas na súa tese de doutoramento, pretenden ser un primeiro paso na mellora do proceso produtivo, a fin de facelo máis eficiente a partir da optimización do deseño dos toneis e da determinación da idoneidade do material empregado.

As propiedades da madeira

O estudo realizado por Adriana Conde, investigadora na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, céntrase na análise das propiedades físico-mecánicas das madeiras de Castanea sativa Mill. e Acacia melanoxylon R. Br. de procedencia galega co propósito de determinar se son aptas para usos en destilería. Unha vez completado o estudo, as conclusións ás que chega esta enxeñeira constatan que as dúas especies forestais presentan calidades apropiadas para o seu destino nesta industria e concretamente, no caso do castiñeiro.

Na actualidade, Francia e Estados Unidos lideran a exportación de madeira para a fabricación de toneis, mentres que o volume de madeira que achega España a este tipo de industria apenas representa o 11%. Non obstante, os resultados recollidos na tese titulada Optimización do tonel como elemento chave no avellentamento de viños e idoneidade de madeiras de frondosas de procedencia galega para este uso revela a existencia dun importante nicho de mercado para a madeira galega de frondosas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.