Un lategazo polar baixa drasticamente as temperaturas en Galicia

Os ventos de compoñente norte aumentarán a sensación térmica. As máximas en Lugo non superarán os 12 graos e os 13 na Coruña e Ourense

Despois de que a chuvia dese unha tregua tras máis de 30 días pasados por auga, esta pasada fin de semana os galegos puideron desfrutar dunhas xornadas de sol e temperaturas agradables. Os termómetros chegaron a marcar 20 e graos e, aínda que se agarda que a estabilidade atmosférica aguante toda a semana, a chegada dunha masa de aire frío fai caer drasticamente as temperaturas. Os ventos de compoñente norte aumentarán a sensación térmica que se empezará a notar dende este luns. O “lategazo polar” deixa unha situación máis propia para a época do ano, con máximas que non subirán dos 12 graos en Lugo ou 13 na Coruña e Ourense.

Galicia empezou a semana baixo a influencia das altas presións e será a partir do martes cando realmente se perciba a baixada das temperaturas en toda a comunidade. A masa de aire frío polar estenderase por todo o territorio peninsular e no noso territorio poderá deixar precipitacións na metade norte. Serán chuvias menos persistentes e moito menos intensas que os últimos episodios. No sur, os ceos estarán despexados. Os valores máis baixos de temperaturas estarán na montaña de Lugo e Ourense.

Publicidade

O mércores, Galicia estará de cheo baixo a influencia anticiclónica e haberá grandes constrastes de temperatura. O ceo presentará alternancia de nubes e claros, podendo chover no norte de Lugo. O vento soprará do norte, especialmente forte en Sisargas e Fisterra. É probable que en Ourense haxan xeadas. Neste senso, dende MeteoGalicia apuntan que se producirán “fortes contrastes de temperatura”. Pontevedra, por exemplo, amencerá o xoves con 9 graos pero poderá chegar aos 20 ao longo do día. En Lugo e Ourense as mínimas caen pero as máximas manteranse arredor dos 15 e 16 graos.

Agárdanse bancos de néboas matinais en zonas do interior que terminarán por deixar os ceos despexados. De cara a vindeira fin de semana, Galicia continuará baixo a influencia do anticiclón que deixará ventos do noroeste e do oeste. De maneira que a probabilidade de precipitación será moi baixa e as temperaturas continuarán en descenso, dacordo cos valores propios de novembro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Menos extremas, pero máis calor: así están a cambiar as estacións en Galicia

Os gráficos do meteorólogo Benito Fuentes sinalan que o inverno quenta máis rápido ca o verán, reducindo a distancia térmica

Galicia arrinca agosto cun descenso das temperaturas e máis risco de chuvias

As precipitacións superan o 50% de probabilidade ata o xoves no norte, mentres as Rías Baixas recuperarán temperaturas próximas aos 30ºC cara á fin de semana

MeteoGalicia activa a alerta por temperaturas superiores aos 36 graos

A área do Miño de Ourense e Pontevedra, Ribeira Sacra e as Rías Baixas serán as máis afectadas pola dorsal subtropical

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga