A Xunta pon en marcha unha campaña para erradicar o mapache en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a licitación dos traballos para a eliminación de varias especies exóticas invasoras de flora e fauna. Entre elas atópase o mapache (Procyon lotor L), mamífero carnívoro de orixe americana, pero que foi avistado nos últimos anos no entorno dos ríos Miño, Parga, Landra, Támoga, Eume e Tambre.

A orixe da presenza do mapache en Galicia podería ter a súa orixe nunha fuga de varios exemplares acontecida en 2010 no parque zoolóxico de Marcelle, en Outeiro de Rei (Lugo), debido aos danos causados por unha cicloxénese, segundo informou no seu momento La Voz de Galicia.

Publicidade

A raíz daquel suceso, estes animais, que adoitan habitar preto da auga, comezaron a reproducirse a gran velocidade, causando importantes danos nas especies do curso do río Miño e alterando o ecosistema. A Xunta puxo entón en marcha unha campaña na que se capturaron máis de 30 mapaches, pero o problema no se atallou por completo. Así, nos últimos anos detectáronse exemplares en varios puntos das provincias da Coruña e Lugo.

Con esta nova campaña, a Consellería de Medio Ambiente pretende garantir que non queden exemplares en estado silvestre.

O plan tamén se centrará na Fallopia japonica, unha das especies invasoras máis perigosas

Amais do mapache, os traballos que foron licitados por un importe de case 370.000 euros, centraranse na eliminación da Fallopia japonica, unha planta incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras e considerada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) como unha das 100 especies invasoras máis perigosas. As intervencións estarán centradas nos concellos de Vedra, Boqueixón, Trazo, Aranga e Oleiros.

Unha parte do orzamento tamén se destinará ao control e/ou  erradicación de Cortaderia sellona, coñecida coloquialmente como plumacho da Pampa, Carpobrotus sp e Agave americana (unlla de gato) en varios espazos naturais costeiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Retirada unha acacia de tres toneladas á beira do Tins, o primeiro río de España con dereitos

Un grupo de 16 voluntarios participa na primeira xornada de eliminación de especies exóticas invasoras nas marxes do curso fluvial de Outes

Os desafíos de descontaminar o lindano no Porriño: “Hai concentracións de ata 600 veces por riba do límite”

Dende a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático aseguran que o proxecto comezará a principios de verán

Unha obra no río Miño afecta a dúas especies vulnerables e pon en alerta os ecoloxistas

A restauración dun caneiro en Acea de Olga, na cidade de Lugo, obriga a trasladar a dúas poboacións de bivalvos ameazadas

Creada a primeira base de datos sobre o impacto das plantas invasoras en Europa

Investigadores do CSIC participan na plataforma Plantimpactseurope, que inclúe información de 104 especies de 29 países europeos