Exposición sobre a velutina no Museo de Historia Natural de Santiago

O Museo de Historia Natural Luís Iglesias da USC, situado no parque de Vista Alegre de Santiago, abriu este xoves 21 a exposición ‘Vespa velutina: unha invasión imparable’, co obxectivo de explicar os danos e ameazas que esta especie supón para a biodiversidade, saúde e seguridade cidadá. A exposición é de balde, en horario de apertura do museo. (de martes a sábado: 11.00-14.00 e 16.30-20.30; e domingos e festivos: 11.00-14.00).

A exposición presenta os resultados de diferentes liñas de investigación sobre diversos métodos de control, como son a loita biolóxica, os biocidas e o emprego de trampas eléctricas. Este control é selectivo e efectivo, xa que busca preservar ao máximo a biodiversidade.

Publicidade

Un dos niños de velutina que se pode ver na exposición. Foto: Paula Martínez Graña.
Un dos niños de velutina que se pode ver na exposición. Foto: Paula Martínez Graña.

O deseño da mostra inclúe dioramas, paneis, contidos audiovisuais e exemplares dos diferentes tipos de niños e vespas, que axudan a recoñecer esta especie e comprender a súa bioloxía e comportamento. Para a realización da exposición, o Museo contou ca colaboración da Asociación Galega de Apicultura (AGA), do CIFP Politécnico de Santiago e de diferentes grupos de investigación das universidades galegas.

O acto de inauguración estivo presidido polo reitor da USC, Antonio López, que destacou o labor que realiza o Museo para “contribuír á divulgación do coñecemento científico en todos os niveis educativos e a toda a poboación”, ao que engadiu que “é importante conectar universidade, investigación e sociedade para engadir valor á sociedade e atopar solucións aos problemas actuais”.

Publicidade

Na inauguración tamen falou o director do Museo de Historia Natural, Marcos González, que destacou os diferentes bloques temáticos cos que conta a exposición. “Aborda o carácter invasor e procedencia da vespa velutina, a bioloxía e ciclo biolóxico da especie, os danos e ameazas que produce e os medios de loita”, indica.

A vespa velutina é unha especie exótica invasora que representa unha ameaza para a diversidade galega dende a súa chegada hai oito anos. Dende entón, comezou a expansión polo territorio e hoxe está presente en máis de 250 concellos galegos. Esta exposición pretende dar a coñecer a súa repercusión ambiental, así como o impacto socioeconómico, por exemplo, no eido da apicultura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos