O CSIC afonda na mellora xenética de carballos, sobreiras e castiñeiros

Estímase que a demanda mundial de madeira duplicarase no ano 2040. Os bosques naturais, por tanto, veranse seriamente comprometidos para cubrir este aumento do consumo. Por tanto, a mellora xenética das especies existentes, para garantir un crecemento máis eficiente e rápido, é unha das liñas de investigación clave para os científicos que traballan no eido forestal.

Coñecer o xenoma das especies mellorará a produción forestal

A tese de doutoramento presentada pola bióloga galega Saleta Rico Santos no CSIC podería aportar novidades significativas nesta problemática. Identificou sete xenes do castiñeiro, do carballo e da sobreira que están implicados en procesos clave para a súa propagación vexetativa, é dicir, para a reprodución dunha nova planta a partir dun tecido, unha célula ou un órgano da planta nai. Coñecer a fondo estes dous procesos, a embrioxénese somática e o enraizamento adventicio, axudará a explorar as vías de regulación e sinalización dos citaos xenes, modular a súa actividade e así reprogramar células diferenciadas para dar lugar á formación de embrións e raíces adventicias.

Publicidade

“As fagáceas -ás que pertencen estas tres especies- están amplamente distribuídas por todo o hemisferio norte e teñen un elevado interese forestal. Debido ás súas limitacións biolóxicas, a investigación xenómica foi menor que nas coníferas. Non en tanto, é importante avanzar nesta liña posto que esta familia inclúe especies de gran interese económico e ecolóxico”, apunta Saleta Rico.

Pola súa parte, a directora da tese, Concepción Sánchez Fernández, científica do CSIC e xefa do grupo de Biotecnoloxía de Especies Leñosas do Instituto de Investigacións Agrarias de Galicia (IIAG), sinala que a biotecnoloxía forestal, liña de traballo desde hai decenios no IIAG, “é clave para garantir o futuro e a sostibilidade das especies forestais”.

Publicidade

A investigación realizouse no marco dos proxectos “Análise funcional de xenes da familia GRAS no enraizamento de especies forestais”, apoiado polo Mineco, e “Caracterización de xenes de castiñeiro implicados en procesos morfoxenéticos de interese para a propagación de árbores seleccionadas”, da Xunta de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Logran por primeira vez a edición xenética dun xene de susceptibilidade nunha especie forestal, o castiñeiro

A USC participa nun estudo internacional liderado dende Galicia que supón un avance significativo na loita contra enfermidades como a tinta

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri