A problemática que atinxe a unha parroquia da Estrada (Sabucedo) pola instalacións de catro parques eólicos nas súas inmediacións convértese en interese da prensa internacional. Tras o emblema que deixou Sorogoyen (Eólicas si, pero non así) na última entrega dos Goya, a cabeceira británica The Times publica unha reportaxe sobre o conflito entre os plans de enerxías renovables e as mandas de cabalos salvaxes, titulada Winds change threathens wild horses (Os ventos de cambio ameazan os cabalos, en galego) e dispoñible desde o venres para os seus subscritores.
Para a elaboración da información, o correspondente en España do diario, Isambard Wilkinson, recolle declaracións de Paulo Vicente, presidente da asociación Rapa das Bestas: “Os muíños espantarán os cabalos, extinguiranse e a tradición morrerá”. “O ruido que producen [os muíños] supera os decibelios permitidos nas cidades. Vai desorientar os cabalos e pode producir alteracións na cadena alimentaria, favorecendo o seu depredador, o lobo”, engade o portavoz deste colectivo da histórica tradición de Sabucedo, que se celebra cando mínimo desde o século XVI.
Este conflito é unha das chaves en materia política en Galicia, cuestión sobre a que incide a reportaxe: “O apoio medrou a partidos políticos que apoian que os recursos da rexión estean sendo explotados por empresas foráneas, que din que non achegan ningún beneficio local”. De feito, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, manifestouse do lado da asociación de Sabucedo a semana post-discurso de Sorogoyen: “Se Madrid quere enerxía, que coloque os muíños na Castellana”.
“A Rapa é como unha visita ao dentista; pode causar un pouco de estrés, pero é mellor por iso”
PAULO VICENTE, presidente da asociación Rapa das Bestas
Para defenderse das acusacións recibidas por asociacións animalistas en relación ao ritual, sobre a que lle pregunta ao xornalista, Paulo Vicente atrévese a comparar a Rapa dos Bestas cunha visita ao dentista: “Coidamos os cabalos e o espectáculo axuda a recadar cartos para o seu benestar. É como unha visita ao dentista; pode causar un pouco de estrés, pero é mellor por iso”.
O que máis compromete a biodiversidade dos montes é o parque eólico Campo das Rosas, ao que a Xunta lle deu o visto bo en xaneiro. “Ademais das bestas, hai mámoas e petróglifos que son fundamentais, porque aparecen figuras de bestas con persoas enriba de hai máis de 4.000 anos”, explicaba o mesmo Vicente a GCiencia coa excusa do discurso de Sorogoyen. Esta relación histórica tamén forma parte da reportaxe de The Times, que sitúa o comezo da tradición “cando dúas irmás xuraron doar dous cabalos ao santo patrón do pobo se os salvaba dunha praga”.
En Galiza hai 35 encoros na Coruña, 28 en Lugo, 44 en Ourense e 21 en Pontevedra, a maioría para producir electricidade. Para isto asulagáronse terras agrícolas e desfixéronse relacións sociais e cultura tradicional, ademais de atentar contra moitas especies que non poden remontar os ríos. Preténdese agora un novo sacrificio en nome da produción de enerxía “limpa”, un novo atentado contra a economía derivada da pesca (milleiros de postos de traballo) e contra un modo de vida e unha historia secular, e unha agresión a outras formas de vida, velaí as ducias e ducias de especies de aves que transitan, perto e lonxe, o noso litoral e que necesitan imperativamente ese corredor. Se Pedro Sánchez se comprometeu na produción eléctrica con Europa, tén moito espazo para instalar aeroxeradores en Somosierra, Guadarrama e Gredos. E que lle reparta alí as “compensacións”.
Abro debate:
Que opinan del impacto paisajístico de los aerogeneradores y la verdadera democracia suiza donde la gente vota no a los aerolitos en contra posición al gallego ignorante que solo quiere vivir de rentas y que no le hace ningún mal a la agricultura