Confirmado: 2015 é o ano máis cálido na Terra dende que hai rexistros

Os novos datos de temperaturas globais publicados polo programa Copernicus da UE amosan que o período de 12 meses que acabou a finais de outubro rexistrou as temperaturas máis calorosas. A imaxe mensual do programa de monitoraxe da Terra da UE é a última antes de que o mundo se reúna en París no COP21 para ver de acadar un acordo climático global. Os datos do programa Copernicus tiveron participación galega, a través do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), que empregou a súa capacidade de cálculo para procesar o inmenso volume de información recibida.

Gráfico de cor coa temperatura do mar.
Gráfico de cor coa temperatura do mar.

O dato de 2015 como o máis caloroso na Terra foi revelado polo representante especial de Reino Unido en cambio climático David King, durante o evento celebrado na Tech City de Londres.
Xa o primeiro semestre foi o máis caloroso dende que hai rexistros globais de clima (1880). A temperatura global da terra e dos océanos foi case un grao (0,85ºC) superior á media do século XX. A temperatura global da Terra foi 1,34ºC superior e a dos mares un 0,67ºC. Ademais, todos os océanos experimentaron un aumento.
O programa Copernicus conta coa rede de satélites Sentinel da UE, ademais miles de sensores de terra e mariños, millóns de lecturas cada hora e un arquivo de datos centenario. O enorme volume de datos da atmosfera e do clima da Terra que sustentan o programa está en mans de gobernos e institucións de xeito libre. En Galicia, o Cesga ten procesado moita desta información para participar nas conclusións do programa.

O Cesga proporciona os seus supercomputadores para procesar os datos de Copernicus

O Centro IBI de Monitorización e Predición (IBI- MFC) é responsable de xerar predicións operativas diarias de océano, dende as Illas Canarias a Irlanda. Este centro recaba datos grazas a Puertos del Estado, que son procesados polo Cesga, nos seus súpercomputadores situados en Santiago de Compostela.
Cesga proporciona infraestruturas de computación de altas prestacións e de rede de  comunicación necesarias. O resultado non é só unha medición da evolución do clima na rexión atlántica europea, senón previsións a curto prazo, duns 5 días, de correntes e outras variables oceanográficas, como temperatura, salinidade e nivel do mar, así como para obter una mellor comprensión da dinámica do océano.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo de Copernicus alerta do elevado nivel de ozono troposférico no litoral galego

Vén de publicarse o novidoso informe 'Atmosphere Watch' que analiza a contaminación mundial e mide o impacto dos grandes lumes

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas