Ence, a mina de Corcoesto e o Prestige, no Atlas mundial de Xustiza Ambiental

Desde 2012, o Instituto de Ciencia y Tecnología Ambientales da universidade Autónoma de Barcelona (ICTA-UAB) codirixe un ambicioso proxecto, o Atlas de Xustiza Ambiental, un mapa interactivo no que se rexistran máis de 2.100 casos de conflitos ecolóxicos de diversa índole que se rexistraron nos últimos 30 anos.

En Galicia aparecen tres temas que xeraron, e aínda xeran, unha importante controversia. A marea negra do Prestige e a súa xestión, a renovación da concesión á papeleira de Ence na ría de Pontevedra e o proxecto da mina de ouro en Corcoesto (Cabana de Bergantiños) son os conflitos que se sinalan no mapa. Ademais, hai outro caso moi próximo a Galicia, no Bierzo: a incineradora de residuos que se proxectara en Toral de los Vados.

Publicidade

O mapa cataloga como “fracasos” ambientais os casos de Ence e o Prestige

Para cada caso, o Atlas incorpora unha extensa ficha coa información e a cronoloxía dos feitos, os actores implicados. Segundo explica Joan Martínez Alier, un dos responsables do traballo, o mapa permite distinguir os casos considerados “de éxito”, é dicir, nos que as reivindicacións cidadás e/ou políticas contra os proxectos que ameazaban o medio ambiente foron positivas, ou ben se levaron a cabo accións xudiciais ou administrativas que frearon as agresións ao entorno. No caso de Galicia, o único caso de “éxito” é o de Corcoesto, fronte aos “fracasos” do vertido do Prestige e a renovación da concesión a Ence.

Respecto ao nivel de gravidade dos casos, Martínez Alier sinala que un dos indicadores é o das mortes causadas polo impacto ambiental e os homicidios ou asasinatos de activistas, como os casos recentes da hondureña Berta Cáceres ou das ecoloxistas de Filipinas Teresita Navacilla e Gloria Capitán. Ata o momento, o Atlas rexistra un total de 260 mortes de “defensores da Terra”, aínda que, segundo apuntan os autores, é probable que a cifra aumente a medida que se vaia obtendo máis información sobre este tipo de conflitos.

Publicidade

Podes consultar os casos relacionados con Galicia baixo estas liñas:

Mina de Corcoesto

Vertido do Prestige

Fábrica de Ence

1 comentario

  1. Elijo os residuos de uranio na fosa atlántica non se teñen en conta…. Pois cando reventen os bidons….

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

De Baiona á praia das Catedrais: o mapa das Bandeiras Negras de Galicia

Un informe de Ecoloxistas en Acción identifica seis puntos do litoral galego polos seus problemas de contaminación e mala xestión