Aparece unha pita do monte preto de Galicia, onde está extinta

Varios veciños de Candín, nos Ancares leoneses, avistaron unha femia adulta de "Tetrao urogallus" preto dun colexio electoral

A pita do monte (Tetrao urogallus) está considerada extinguida en Galicia desde 2005, cando se observaron os últimos cantadeiros na serra dos Ancares. A poboación da subespecie cantábrica viuse reducida a poucos centos de parellas, que se localizan na súa maior parte na zona do Alto Sil, entre León e Asturias, a bastantes quilómetros de distancia da fronteira con Lugo. Porén, algúns exemplares, en ocasións contadas, poden desprazarse ata lugares proximos á parte galega dos Ancares. E así aconteceu este domingo.

Co gallo das eleccións, un grupo de persoas atópabase nas inmediacións do colexio electoral de Candín, municipio leonés dos Ancares ao que pertencen localidades como Valouta ou Suárbol, e lindeiro co concello lucense de Cervantes, avistou unha femia de pita do monte, segundo informou o xornal La Nueva Crónica.

Publicidade

A femia, cunha morfoloxía que é notablemente distinta á do macho, deixouse ver moi preto do edificio onde se realizaban as votacións, o que chamou a atención dos presentes. Segundo as testemuñas presenciais, estaba nunha árbore e despois moveuse pola zona. Aínda que se lle realizaron varias fotografías, os presentes optaron por manter unha distancia prudencial para non molestar ao animal.

As mesmas testemuñas citadas polo diario leonés apuntan que un axente medioambiental da zona colleuna para levala ata o Seprona da Garda Civil e instalarlle un chip co que se lle poida facer un seguimento para o seu estudo.

Publicidade

A extinción sen remedio da pita do monte en Galicia

A pita do monte nos Ancares

Ata agora, os últimos rexistros de Tetrao urogallus cantabricus nos montes do país datan, segundo as fontes, dos anos 1999 e 2003. Os estragos causados pola caza provocaron a veda a finais dos anos 70 e a súa declaración como especie protexida en 1986. Non en tanto, non se puido evitar a súa desaparición. E ademais, como adoita acontecer no caso das especies ameazadas, segundo explica Óscar Rivas, experto en ornitoloxía, presidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), e da Asociación Galega da Custodia do Territorio (AGCT), “as poboación extremas (periféricas), como o caso da poboación galega de pita do monte, son as máis sensibles e as que tenden a desaparecer primeiro”.

A pesar da extinción da pita do monte en Galicia, hai varias entidades traballando desde a zona da montaña lucense para axudar á recuperación da especie. Desde 2010, varias entidades, como a propia AGCT, participaron no proxecto Life+Urogallo, con iniciativas nos Ancares. Entre outras accións, incrementouse a presenza de arandeira (o arbusto do arando, un dos principais alimentos da especie), e adecuouse o terreo para “concentrar a herbivoría e evitar a presión excesiva do gando e os ungulados silvestres sobre o bosque”.

Posibles solucións

Os expertos achegan varias ideas para que a pita do monte volva a habitar os montes galegos. No 1999, o ecólogo Ignacio Munilla elaborou xunto a Rafael Romero o informe Bases para la recuperación y manejo de la población de urogallo en Galicia. A proposta de Munilla e Romero era establecer un corredor ecolóxico que conectase os Ancares coa zona do Bierzo, onde persiste unha das poboacións máis numerosas da especie, “favorecendo o rescate natural: que os individuos do núcleo principal de poboación ocupasen a zona deshabitada” grazas a dito corredor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

Estas son as cinco especies animais xa extintas en Galicia

A Consellería de Medio Ambiente identifica cinco animais sen rexistros recentes na comunidade, malia figurar nos catálogos oficiais

Caza variada e clima moi frío: así era a vida nas Serras Orientais galegas hai 18.000 anos

Un estudo da USC analiza restos de fauna atopados en Valdavara 1, unha cavidade que foi ocupada de forma intermitente por cazadores-recolectores e outros depredadores

A imparable desaparición da lagosta en Galicia: “Colapsou a comezos dos oitenta”

Un estudo repasa como a sobreexplotación da especie desde finais do século XIX provocou que a súa presenza sexa mínima nas costas