Merendas infantís, o plan para as tardes de outono no Aquarium

Durante os sábados e domingos de outubro, novembro e decembro, ás 16.45 horas, o Aquarium Finisterrae da Coruña acollerá unha actividade destinada a nenos e nenas de entre 4 e 13 anos: as merendas infantís. Neste vento, haberá un obradoiro de manualidades relacionadas coa conservación do medio mariño e despois merendarán chocolate con churros. 

Para participar nas merendas hai que preinscribirse a través dun formulario electrónico, que se abrirá o luns 15 de outubro entre as 10 e as 12 horas, e que estará dispoñible nesta ligazón. 

Publicidade

Cada participante deberá abonar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar. A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta Vinte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.