Participa nas merendas infantís do Aquarium Finisterrae!

Nenos e nenas de 4 a 13 anos poderán participar na actividade, que terá lugar os sábados e domingos dos vindeiros meses

Este venres 1 de marzo ábrese o prazo de preinscrición para as novas sesións das merendas infantís que se celebrarán nos meses de marzo, abril, maio e xuño de 2019 no Aquarium Finisterrae, cun total de 480 prazas dispoñibles para nenos e nenas de 4 a 13 anos.

As merendas celebraranse os sábados e domingos a partir das 16.45 horas. Os asistentes realizarán experimentos relacionados coa vida dos seres mariños e despois tomarán un chocolate con churros.

Publicidade

Cada participante deberá aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar. A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta Vinte.

A preinscripción deberá realizarse nesta ligazón entre as 10:00 e as 12:00 horas do 1 de marzo.

Publicidade

Información sobre a inscrición nas merendas

Desde os Museos Científicos Coruñeses informan de varios puntos a ter en conta para realizar a inscrición:

  • As prazas adxudicaranse por estrito orde de recepción da solicitude.
  • Poden preinscribirse tres participantes por solicitude.
  • Non se admite a preinscrición da mesma persoa en dúas ocasións.
  • As datas serán os días 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de marzo; 6, 7, 13, 14, 27 e 28 de abril; 5, 11, 12, 19, 25 e 26 de maio; e 1, 2, 8, 9, 15 e 16 de xuño.
  • Poderán seleccionarse as opcións “Váleme calquera data” ou ata catro datas concretas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas