A Domus celebra cun amplo programa a Semana da Muller e a Nena na Ciencia

A Domus da Coruña celebrará, co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, un amplo programa de actividades dirixidos a todos os públicos que se estenderá desde o propio martes 11 ata o sábado 15.

A celebración comezará o día 11 co ciclo de charlas de cultura científica “Estrelecidas”, coordinado pola escritora e divulgadora Estíbaliz Espinosa. Dentro do ciclo, que se celebrará na Domus ás 20.30 horas, participarán as seguintes conferenciantes:

Publicidade

Martes 11: Lunáticas ou a muller na Lúa segundo a ciencia, o cinema e a literatura. Con Laura Morrón, física e editora, e Borja Tosar, astrofísico e piloto.

Xoves 13: Descerebradas ou cerebros, anatomías e sexos segundo a ciencia e a literatura. Con Casto Rivadulla, profesor da UDC e investigador en NEUROcom; Marilar Aleixandre, escritora e bióloga; e Joana Magalhaes, bióloga e divulgadora científica.

Publicidade

Venres 14: Lingoreteiras ou escribir e publicar ciencia. Con Deborah García Bello, química e divulgadora científica, e José Edelstein, físico e escritor.

Ademais destas charlas, o mércores 12 de febreiro, ás 11 horas, haberá un taller sobre o ADN, organizado pola Asociación Española contra o Cancro, ao que asistirá un grupo escolar de Primaria, do CEIP Eusebio da Guarda da Coruña. A actividade consistirá na extracción de ADN dunha froita, e na realización dun xogo de cartas no que se emparellarán científicas importantes na historia cos seus fitos máis relevantes.

Tamén o mércores 12, ás 19.30 horas, terá lugar a charla titulada “Cáncer de pulmón: ejemplo de éxito de oncología de precisión” a cargo da Dra. Rosario García Campelo, oncóloga no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Organizada por CorBi Foundation.

E o sábado 15, ás 12 horas, a Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña organiza a actividade Atrévete a investigar con elas!, dirixida a público familiar. Trátase de compartir espazo con catro investigadoras da UDC para coñecer a súa traxectoria científica e vital, os seus logros profesionais e algunhas anécdotas que viviron co obxecto de incentivar entre as persoas asistentes a curiosidade pola profesión de investigadora e científica. Estas son as científicas participantes:

María Carreiro Otero, investigadora do Grupo de Arquitectura e Urbanismo Sostible (GAUS).

Carmen de Labra Pinedo, investigadora do grupo Neurociencia e Control Motor (NEUROcom).

Teresa López, investigadora do grupo Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA).

Vanessa Valdiglesias García, investigadora do programa Beatriz Galindo e do grupo Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde ( DICOMOSA).

A entrada ás charlas e as actividades do sábado 15 é libre, ata completar a capacidade da sala.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur

O mapa dos novos Soletes da Coruña: 17 locais imprescindibles recomendados por famosos

Javier Gutiérrez, Sara Escudero, Tamar Novas e o grupo musical Sanguijuelas del Guadiana recomendan establecementos en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo