Publicidade
Martes 13 Maio 2025
Publicidade

Científicos galegos, contra a praga que mata de fame a un molusco xigante

A nacra (Pinna nobilis) é un molusco bivalvo enorme, que pode chegar a medir 120 centímetros de lonxitude, e que só se atopa en augas do mar Mediterráneo. O seu biso é un tecido, tamén chamado seda de mar que leva sendo empregado desde a época clásica. A contaminación e a sobrepesca reduciron a súa presenza nos fondos mariños. Pero agora, a nacra enfróntase a un grave problema que podería levar mesmo á súa extinción. Investigadores mariños de varias rexións mediterráneas alertaron dunha elevadísima mortalidade da especie, segundo conta El País. E un grupo de científicos galegos conseguiu identificar a orixe do problema.

O ano pasado, o xefe de servizo de Conservación de Recursos Pesqueiros da Generalitat Valenciana, preocupado pola situación, decidiu contactar co Intecmar de Vilagarcía de Arousa, que vela pola calidade do medio mariño de Galicia. “Confiaban no noso centro para indagar na causa das mortandades”, explica a GCiencia Susana Darriba, xefa da Unidade de Patoloxía do instituto. Os resultados da investigación foron publicados na revista Journal of Invertebrate Pathology.

Publicidade

Este parasito, segundo conta Darriba, “invade a glándula dixestiva, formando esporas nos túbulos dixestivos, que é onde ten lugar a dixestión intracelular”. Por tanto, a nacra morre de fame ao non poder realizar a dixestión.

O parasito invade os túbulos dixestivos e impide que as nacras fagan a dixestión

A comezos de novembro de 2016 chegaron a Arousa as mostras das nacras. “Fixemos un ensaio histopatolóxico e verificamos, con técnicas moleculares e de microscopía electrónica, a presenza de parasitos de tipo haplosporida”, lembra a investigadora. “O máis probable é que esteamos ante unha nova especie, dentro deste tipo haplosporida, que pode estar próxima ao Haplosporidiun nelsoni, que nos anos 50 devastou unha especie de ostra na costa atlántica dos Estados Unidos con tasas de mortalidade superiores ao 90 por cento”. O parasito das nacras do Mediterráneo presentaba trazas en común co norteamericano, xa que forma as súas esporas nos túbulos dixestivos, tal e como acontecera naquel caso. Pero as análises descartaron que fora aquela especie letal nos anos 50.

Publicidade

E como chegou este parasito a devastar as nacras? Non se sabe con certeza. Porén, Susana Darriba presenta varias hipóteses: “Por un lado, podería especularse con que xa estivera nesas augas antes, en fases non letais, e que algún cambio ambiental facilitara a formación de esporas, que é a fase máis letal deste tipo de parasitos. Por outra banda, podería especularse con que entrase no Mediterráneo procedente doutras latitudes por movementos de partidas de moluscos ou doutros organismos mariños que sexan portadores do parasito, ou en auga de lastre”. Tampouco se pode descartar, segundo a científica do Intecmar, “que proveña dunha zona na que non causa mortalidades por non darse as condicións ambientais axeitadas para a formación de esporas, e ao acadar esta nova ubicación, se desen as condicións necesarias”.

A praga avanza sen remedio no Mediterráneo, e os científicos buscan unha solución. Non en tanto, esta é “moi difícil, senón imposible”, debido á dificultade de trataras doenzas de moluscos mariños en mar aberto, lamenta Darriba.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A temperatura do mar aumentará 2,5 graos en Galicia a finais de século

Un informe CLIVAR no que participa a UVigo sinala que o incremento, calculado en comparación co período 1955–1984, será menor que noutras zonas peninsulares polo afloramento costeiro

Fito histórico: captado o neutrino cósmico de maior enerxía xamais detectado

Un observatorio internacional baixo o mar Mediterráneo identifica diminutas partículas procedentes do espazo profundo

O quecemento global podería triplicar a probabilidade de secas no Mediterráneo

Un estudo da UVigo e do CSIC indica que o descenso da humidade transportada pola atmosfera dende os océanos provocará unha maior aparición de episodios de aridez

Unha DINA achégase á península: cando e como afectará a Galicia

A chegada dunha masa de aire de orixe polar provocará un brusco descenso das temperaturas entre martes e mércores en todo o territorio galego