Científicos de Vigo confirman que o océano Atlántico vólvese ácido

O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM) lidera o primeiro estudo a longo prazo sobre os cambios dos valores medios de variación de pH no océano Atlántico, dende 1993 ata 2013. Durante estas dúas décadas, observouse unha acidificación en todas as súas masas de auga, presentando os maiores valores en profundidades por enriba de 1.000 metros e os menores en augas profundas. Entre os resultados destaca que a absorción de CO2 e a correspondente acidificación do Atlántico está a ser maior en augas subsuperficiais e intermedias cun máximo descenso de pH no sur.

Mexillóns con malformacións nas súas cunchas.
Mexillóns con malformacións nas súas cunchas.

“Diversos estudos científicos confirmaron que o mar absorbe unha parte significativa do dióxido de carbono (CO2) das actividades humanas, o que modera o ritmo do cambio climático pero tamén provoca cambios na química do océano, diminuíndo o pH pola disolución adicional de CO2 en auga dende a atmosfera. Este proceso, coñecido como acidificación oceánica, é obxecto de interese e estudo por parte da comunidade científica debido ao seu impacto en organismos con cuncha ou esqueleto calcáreo”, explica Aida Fernández Ríos, profesora de investigación do CSIC.
En varios lugares do planeta, xa se teñen rexistrado problemas para algúns bivalvos para formar as súas cunchas, ao non poder obter da auga do mar calcio dabondo para pasar da súa etapa larvaria á etapa adulta.
“En 2004 observouse que a maior acumulación de CO2 antropoxénico se situaba no océano Atlántico, sendo menor nos océanos Índico e Pacífico. Neste contexto, propuxémonos, por unha parte, determinar a evolución da concentración de CO2 antropoxénico no Atlántico nas dúas últimas décadas e establecer en que zonas (norte, sur, ecuatorial) e en que capas (subsuperficial, intermedia, profunda) das masas de auga dáse unha maior diminución do pH”, explica a experta.

A perda de calcio nos océanos castiga aos bivalvos para formar as súas cunchas

A investigación, liderada dende Galicia a través do Grupo de Oceanoloxía do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), realizouse no marco dos proxectos de investigación CATARINA, financiado polo Plan Nacional, e CARBOCHANGE, financiado polo Programa Marco da Unión Europea. Estes proxectos contaron coa participación das universidades de California, Vigo, Bremen e a National Oceanographic and Atmospheric Administration (NOAA).
Para alcanzar estes obxectivos os científicos mostraron e tomaron datos durante tres campañas realizadas a bordo dos buques oceanográficos Malcolm Baldrige, Maurice Ewing e Hespérides.
“Os cambios de pH foron separados nos seus compoñentes asociados co aumento de carbono antropoxénico e cos causados pola actividade biolóxica. Os resultados comparáronse coas saídas dun modelo climático do Instituto Pierre Simon Laplace“, sinala Fernández Ríos.
A investigadora do CSIC sinala que o CO2 xerado polo ser humano é o responsable da acidificación en capas superficiais do océano Atlántico. Mentres que en capas intermedias, o carbono antropoxénico iguálase co producido pola natureza.
Segundo a investigadora, os cambios que se están a dar na química da auga do mar terán efectos nocivos a curto, medio e longo prazo en especies mariñas calcáreas e producirán cambios na biodiversidade dos ecosistemas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores

O quentamento do océano reduce a talla de madurez da pescada europea

Unha análise histórica apunta unha diminución de catro a nove centímetros no tamaño reprodutivo da especie, con reducións máis acusadas no Atlántico

Un estudo asocia o aumento da temperatura do mar coa expansión cara ao norte da desova da xarda

A investigación ofrece unha base científica para mellorar a avaliación das poboacións, identificar hábitats esenciais e tomar decisións na xestión pesqueira

A UDC participa nun proxecto europeo para impulsar a eólica mariña flotante no Arco Atlántico

Persoal investigador do CITENI e do CITEEC lidera o estudo das necesidades tecnolóxicas para a implantación de parques experimentais deste tipo de enerxía no océano