O premio Fonseca, un trofeo querido no despacho de Stephen Hawking

O premio Fonseca, en primeiro plano, á esquerda, na mesa do despacho de Stephen Hawking. Imaxe: AFP Photo/Science Museum, Sarah Lee.
O premio Fonseca, en primeiro plano, á esquerda, na mesa do despacho de Stephen Hawking. Imaxe: AFP Photo/Science Museum, Sarah Lee.

No ano 2006 botou a andar o Programa ConCiencia, impulsado pola USC e o Consorcio de Santiago e coordinado polo catedrático Jorge Mira, que ten por obxectivo traer á capital de Galicia aos referentes da ciencia mundial para achegalos á sociedade galega. Decenas de persoeiros, como John Nash, David Attenborough, Roger Penrose ou Serge Haroche visitaron Santiago e percorreron tamén varias zonas do país. Desde 2008, o Programa Conciencia entrega o premio Fonseca, en homenaxe a un dos fundadores da universidade compostelá, a algúns dos científicos máis destacados do mundo.

E na primeira edición, o galardoado co premio Fonseca foi Stephen Hawking. Un recoñecemento grazas ao cal o científico británico viaxou por primeira vez a Galicia, e percorreu o país durante unha semana, impartindo conferencias na universidade e institutos, como o Rosalía de Castro. Visitou tamén lugares como Fisterra, onde en 2017 se inaugurou unha praza co seu nome.

Publicidade

Foi o comezo dunha relación con Galicia que reforzou con dúas visitas máis en 2013 e 2015. Unhas estancias que deixaron pegada en Hawking, tal e como conta o profesor da USC José Edelstein, quen destaca que o físico recomendoulle a un dos seus asistentes que escollera Santiago de Compostela para pasar a súa viaxe de bodas.

E tal e como demostran as imaxes tomadas no seu despacho, Hawking tiña un lugar destacado para a estatua de Fonseca que lle entregaron en Santiago en 2008. En varias fotografías, algunha das cales escollía o diario The Guardian para a portada da súa web no día da morte de Hawking, o premio Fonseca aparecía destacado en primeiro plano. Do mesmo xeito, na súa páxina web na universidade de Cambridge, o galardón recibido en Santiago aparecía entre os destacados.

Publicidade

O premio Fonseca, destacado na web de Hawking en Cambridge.
O premio Fonseca, destacado na web de Hawking en Cambridge.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe