Stanley Prusiner, convidado do programa Conciencia 2018

En 1982, o científico estadounidense Stanley Prusiner conseguiu illar no seu laboratorio unha proteína que actuaba como un potente axente infeccioso, e que bautizou co nome de prión. Atopou tamén que as moléculas dos prións estaban pregadas dun xeito diferente que nas proteínas normais, e que estes cambios nos pregamentos podían transmitirse tamén ás proteínas normais e sas.

Aquel achado foi a base para o descubrimento das causas de doenzas neurodexenerativas como a enfermidade de Creutzfeld-Jakob e a encefalopatía esponxiforme bovina, o coñecido ‘mal das vacas tolas’, para as que ata entón non había causa coñecida. En 1997, cando Europa estaba afrontando a crise, que chegou tamén a Galicia, o xurado do Nobel de Medicina decidiu concederlle a Stanley Prusiner o galardón da Academia sueca.

Stanley Prusiner estará este ano en Galicia. O catedrático da USC Jorge Mira, coordinador do Programa Conciencia, anunciou esta mañá que o científico estadounidense será o vindeiro convidado desta iniciativa, que desde hai máis dun decenio trae a Galicia a algunhas das maiores eminencias científicas do planeta. Stephen Hawking, John Nash ou James Watson chegaron a Santiago nos últimos anos da man deste proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ventilatio Lab, solucións científicas que veñen polo aire

A spin-off da USC foi a gañadora na categoría Idea Emerxente dos Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Por que as tardes comezan a alongarse antes do solsticio de inverno?

A partir do 8 de decembro, a combinación da inclinación do eixo terrestre e da órbita irregular da Terra fai que os días comecen a medrar

AMS-LAB, Ventilatio Lab e MetBioCat reciben os IX Premios GCiencia Galicia Spin-off  

Os galardóns, que celebran a súa novena edición, foron entregados nun acto no Pazo de San Roque en Santiago

O Nobel de Química premia os científicos clave en tecnoloxías como a captura de CO₂

Os investigadores desenvolveron unha nova forma de arquitectura molecular que permite a descomposición de substancias contaminantes como restos de fármacos