Xoves 7 Decembro 2023

O Nobel Stanley Prusiner dá unha charla este mércores en Santiago

Chega a Santiago o novo convidado do Programa Conciencia. Stanley Prusiner, descubridor dos prións, falará este mércores 23 de maio ás 10 da mañá no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en San Lázaro (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n). A súa conferencia leva por título  ‘Unha visión unificada da bioloxía e as enfermidades priónicas’.

A nova actividade do Programa Conciencia, impulsado pola USC e o Consorcio de Santiago, conta coa colaboración de Prion 2018 e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad.

Prusiner gañou o Nobel de Medicina en 1997 polos achados realizados a comezos do anos 80, cando descubriu os prións, un novo principio biolóxico de infección que causa enfermidades neurodexenerativas mortais como a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (ECJ) ou a doenza das vacas tolas.

Este premio Nobel naceu en Des Moines (Iowa) en 1942. Estudou Medicina na universidade de Pennsylvania e traballou no NIH con Earl Stadtman, onde se familiarizou coas técnicas da bioquímica de proteínas. Posteriormente realizou a residencia en Neuroloxía na universidade de California en San Francisco. Alí tratou unha doente con enfermidade de ECJ e quedou completamente fascinado por esta doenza. Naquel tempo pensábase que era causada por un denominado “virus lento”. Dende entón, Stanley Prusiner dedicou todas as súas enerxías a caracterizar o axente causante de dita enfermidade.

Despois de anos de traballo, Prusiner chegou a un descubrimento sorpremente: o axente infeccioso causante da Creutzfeld-Jacob carecía de ácidos nucleicos (a base da transmisión da información xenética): estaba constituído unicamente por proteína. Prusiner denominou a esta nova entidade biolóxica “prión”.

[box size=”large”]Os prións impoñen a súa forma ás proteínas, converténdoas en potenciais axentes infecciosos[/box]

Os prións defínense como agregados proteicos que se propagan ao impoñeren a súa forma (conformación, na linguaxe bioquímica) a unha proteína de conformación normal. Podería dicirse que impoñen o seu molde ás proteínas. Dito tecnicamente, os prións propagan as súas estruturas cuaternaria, terciaria e secundaria; non como no caso dos ácidos nucleicos, a primaria.

Nos últimos anos, despois de recibir o Nobel, volveu chamar a atención da comunidade científica coa hipótese de que enfermidades neurodexenerativas moi prevalentes, como a de Alzheimer, están provocadas por prións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario

Exposicións, obradoiros, rutas e premios: as outras actividades divulgativas de Gciencia

O portal da ciencia galega emprendeu ao largo da súa traxectoria numerosas actividades para sacar a divulgación á rúa

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde