Rosendo toca en Australia en homenaxe a Rosendo Salvado

Rosendo Mercado, figura lendaria do rock español, visita Australia nestes días para participar no proxecto ‘De Rosendo a Rosendo‘, unha serie de eventos destinados a render homenaxe a Rosendo Salvado, o monxe galego, músico e fundador da Abadía de Nova Nursia en Australia Occidental  tras cumprirse o bicentenario do seu nacemento. O guitarrista madrileño interpretará temas como ‘Agradecido’ ou ‘Loco por incordiar’, que sen dúbida terían sorprendido ao tamén explorador científico tudense.

Durante a súa estancia en Australia Rosendo Mercado ofrecerá un concerto en Perth o 29 de marzo e outro en Canberra o 2 de abril.  Este último concerto poderá verse en streaming neste enlace.

Publicidade

Rosendo Salvado (Tui, 1 de marzo de 1814 – Roma, 29 de decembro de 1900) foi un monxe decisivo no proceso de colonización de Australia. Fundador da Abadía de Nova Nursia nun momento de apoxeo colonialista, destacou polo seu trato coas comunidades aborixes, baseado no respecto da súa identidade e dos seus dereitos. Tamén está considerado o introdutor do eucalipto en Galicia, especie que chegou con fins ornamentais aos principais pazos galegos.

Ambos os concertos son de entrada libre pero é obrigatorio rexistrarse para ter acceso ao local:

Esta é a ligazón para rexistrarse en Canberra

Esta é a ligazón para rexistrarse en Perth

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así é unha pelexa entre polbos: captan por primeira vez como se lanzan area entre eles

Un equipo australiano cre que este comportamento é intencionado e podería ser unha nova forma de comunicación

Regresa o letal virus Hendra

O patóxeno foi descuberto en 1994, tras provocar un gromo infeccioso en Australia que derivou na morte de 14 cabalos e o seu adestrador

Canto cres que mide a planta máis grande do mundo?

Unha 'Posidonia australis' en Shark Bay, Australia, bate récords ao estenderse por 180 quilómetros e pode ter arredor de 4.500 anos

Australia declara os coalas como animais en perigo de extinción

Os incendios, as secas e as enfermidades son as principais ameazas dos marsupiais, nunha situación especialmente vulnerable na costa leste do país